'A arte de ser mal pai' gaña o premio a Mellor Piloto no X Festival Serializados

A serie está escrita polo pontevedrés Óscar Cruz e protagonizada polo actor afincado na cidade Xosé Manuel Esperante
Xosé Manuel Esperante nun momento do episodio piloto da serie 'A arte de ser mal pai'.
photo_camera Xosé Manuel Esperante nun momento do episodio piloto da serie 'A arte de ser mal pai'. DP

A serie A arte de ser mal pai, do guionista pontevedrés Óscar Cruz, vén de facerse co premio ao Mellor Piloto na décima edición do festival Serielizados, que reúne traballos audiovisuais realizados tanto a nivel nacional como internacional. Nesta categoría participaron máis de 100 series de toda España. É a primeira vez que un proxecto en galego recibe este recoñecemento do festival de series máis importantes do Estado.

"O mellor episodio piloto do ano en España é para unha serie galega e en galego. Por fin estamos a romper as barreiras lingüísticas", din os responsables de A arte de ser mal pai, en palabras facilitadas aos medios.

O festival Serielizados celebrouse en Barcelona do 17 ao 22 de outubro e en Madrid do 24 ao 28 do mesmo mes. Á parte, unha selección de contidos puido verse na plataforma Filmin.

Para a serie, que está gravada en galego e protagonizada polo actor afincado en Pontevedra Xosé Manuel Esperante, Cruz volveu facer tándem creativo co director Jorge Boquete. Xuntos conseguiran catro premios Mestre Mateo por webseries como O método sueco ou Peter Brandon.

Comentarios