Artista en fuga

Adianto dos contidos do suplemento Táboa Redonda do domingo

Ramón Rozas descóbrenos a longa vida a contracorrente e en permanente fuxida que levou a pintora británica Leonora Carrington (1917-2011),  que rematou os seus días de arte surrealista vivindo en Cidade de México. Nacho Mojón lembra un morcego sobrevoando unha máquina de escribir. Lois Pérez pon a rumbar as palabras co gallo do Festival Atlántica de narración oral, que se celebra neste tempo en Galicia. Javier Nogueira ábrenos á lectura da poesía (case) completa de Wallace Stevens. Antonio Costa celebra a escrita adánica e crepuscular de Derek Walcott. Jaureguizar escribe sobre a herdanza miserable doutro poeta, Leopoldo Panero, pola que estiveron preiteando uns curmáns do seu pai.

Comentarios