Este sábado, 3 de decembro, ás 22.00 horas, a Asociación Cultural Coral Airiños de Campañó de Pontevedra ofrecerá o seu espectáculo de zarzuela no Pazo da Cultura.
Esta iniciativa, que cumpre xa dez anos, ten como premisa a posta en escena dun proxecto teatral e musical realizado por persoas non profesionais que, sen embargo, están acompañadas por orquestras de cámara ou pianistas de recoñecido prestixio.
No espectáculo deste decembro, a Coral de Campañó estará dirixida polo director pontevedrés Jacobo García González, licenciado superior en violoncelo, e contará co pianista Cándido Cabaleiro Paz.
As pezas a interpretar serán diversas. Entre elas, atópanse unha parte da zarzuela La del Soto del Parral; a ópera e zarzuela cómica Don Gil de Alcalá; Los Nardos; varios actos de El barberillo de Lavapiés; Coro de Repatriados e, como peche, dous actos da zarzuela La verbena de la Paloma.