AT-59, Haku e Debelaii póñenlle música aos poemas de Delgado Gurriarán

Os tres grupos son os finalistas do concurso Música nas Letras, do Concello de Pontevedra ▶ Actuarán o 17 de maio na Praza da Ferrería nun festival que presentará Pauliña
Actuación no certame 'Música nas Letras' de 2021. RAFA FARIÑA
photo_camera Actuación no certame 'Música nas Letras' de 2021. RAFA FARIÑA

Cinco bandas participaron este ano no certame que convoca a Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra co gallo do Día das Letras Galegas e que consiste en musicar obra do autor homenaxeado, neste caso Florencio Delgado Gurriarán. Desas cinco agrupacións, tres pasaron á final desta segunda edición de Música nas Letras. Son AT-59, Haku e Dabelaii.

As tres bandas finalistas, que foron seleccionadas por un xurado formado por músicos, promotores e expertos no ámbito musical, actuarán nun festival que terá lugar o 17 de maio (19.00 horas), na Praza da Ferrería, e que presentará Pauliña. A maiores, subirá ao escenario a poeta Vanessa Glemsel. A entrada será libre e gratuíta.

O concurso do Concello reparte tres premios. O gañador recibirá 1.000 euros; o segundo clasificado, 500, e o terceiro, 250.

Comentarios