Coa proxección do audiovisual Deserto verde, sobre a intervención na Illa das Esculturas de Isaac Cordal en setembro de 2022, e coa exposición do artista local Tebo abrirá oficialmente Reclamo Estudio, o espazo artístico que xestiona Javier Cuco Carrera dende hai varios meses na rúa Marqués de Riestra (número 19). Será o domingo 12 de novembro. A proxección terá lugar ás 12.00 horas e a inauguración da mostra, que só se poderá visitar ese día, ás 12.30 horas. O acceso será libre ata completar cabida.
"Llevamos un año buscando el mejor momento y finalmente lo haremos la semana que viene", explica Carrera, que foi un dos fundadores do proxecto colectivo Espacio Matrioska e que actualmente está afincado en Pontevedra. Entre outras cousas, foi o coordinador das residencias artísticas desenvolvidas na cidade por Julia Lago e por Isaac Cordal.
Dirixida por Lois Cid
Foi precisamente a partir do material audiovisual que rexistrou o traballo deste último artista foi que se montou a curta documental Deserto verde, dirixida por Lois Cid. En Pontevedra estrearase o martes 7 de novembro cun pase na facultade de Belas Artes. Despois volverase proxectar na apertura de Reclamo Estudio. "Al mismo tiempo también va a quedar subido a las redes", explica Carrera.
"La pieza recoge tanto lo que es su trabajo con las piezas como su instalación", conta o mediador cultural. "Al mismo tiempo él va contando cómo entiende el espacio público y reflexiona sobre estas piezas que hace en pequeño formato. El resultado es muy interesante porque te mete en lo que es su trabajo".
En canto ao artista escollido para a primeira exposición do local, que terá unha duración de 24 horas, Carrera destaca que se trate dun creador local cunha obra moi persoal. "Se trata de un artista plástico e ilustrador. La muestra permitirá conocer tanto su obra pictórica, en la que trabaja mucho con la materia, como sus esculturas".
Reclamo Estudio leva funcionando arredor dun ano en Pontevedra. Á parte de ser o centro de operacións do propio Cuco Carrera, xa viña acollendo outras actividades como obradoiros de distinto tipo. O obxectivo do seu responsable é que acabe funcionando como un espazo dedicado á arte e á mediación cultural no que se desenvolvan dende propostas de arte téxtil a todo tipo de talleres, á parte de residencias artísticas e dun laboratorio de serigrafía.