Axenda cultural para a primeira parte de 2022

Humor, música e teatro marcan o inicio das distintas programacións este ano en Pontevedra ► Moncho Borrajo inaugura o 9 de xaneiro unha serie de monólogos e propostas cómicas entre as que están as de Somos criminais 3, Luis Piedrahita, Pantomima Full e Miguel Lago
Luis Piedrahita estará no Auditorio de Afundación o 21 de xaneiro. D. FREIRE
photo_camera Luis Piedrahita estará no Auditorio de Afundación o 21 de xaneiro. D. FREIRE

Xusto hai un ano, en Pontevedra non había concertos nin obras de teatro. A pandemia obrigara a pechar o Auditorio de Afundación e a sala Karma. O Concello mantiña operativo o Pazo da Cultura, pero con cabidas moi reducidas e propostas contadas.

Así foi ata a primavera. Hoxe a situación pandémica persiste, pero a axenda cultural mantense e hai entradas á venda para máis dunha vintena de propostas de humor, música e teatro de aquí a marzo.

As institucións apostan forte pola comedia. O primeiro gran espectáculo do Pazo da Cultura será Somos criminais 3, a continuación da proposta humorística do mesmo título de Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán. Teñen confirmadas catro funcións, dúas o día 22 de xaneiro e outras dúas o día 23 (ataquilla.com).

En Afundación a maioría das postas en escena que terán lugar ata o mes de xuño serán de monologuistas. Alí actuarán Moncho Borrajo (9 de xaneiro), Luís Zahera, Manuel Manquiña e Víctor Fábregas (16 de xaneiro), Luis Piedrahita (21 de xaneiro), Pantomima Full (22 de abril) e Miguel Lago (10 de xuño), entre outros.

Ana Torrent, María Galiana e Pere Ponce son algúns dos protagonistasda temporada teatral de Afundación

A segunda gran aposta de Afundación é polo teatro. A institución xa ten á venda os abonos para a a primeira parte da temporada, que inclúe as postas en escena de Las criadas (22 de xaneiro), de Jean Genet, con Ana Torrent e Alicia Borrachero; La casa de Bernarda Alba (18 de febreiro), de Federico García Lorca; El electo (31 de marzo), dirixida por Cándido Pazó, con Fernando Coronado e Antonio Mourelos; Los Pazos de Ulloa (7 de abril), adaptación da novela de Emilia Pardo Bazán, con Pere Ponce, Diana Palazón e Marcial Álvarez; El abrazo (19 de maio), dirixida por Magüi Mira, con María Galiana e Juan Meseger, e La coartada (19 de xuño), con María Castro, Miguel Hermoso e Gorka Otxoa. As entradas para todos os eventos de Afundación están á venda en ataquilla.com.

Filarmónica. No apartado musical destaca a programación da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, que ofrecerá ata oito concertos aos seus abonados, dende este mes ata o de maio, no Teatro Principal.

A primeira actuación do ano correrá a cargo da pianista Milena Martínez (17 de xaneiro). Seguiranlle o Trío Lepor (31 de xaneiro) e o que é un dos pratos fortes da temporada da Filarmónica, o Cuarteto Quiroga (18 de febreiro). Despois virán o grupo de música antiga La Guirlande (17 de marzo) e a pianista Judith Jáuregui (25 de abril).

A continuación haberá dous concertos sinfónicos no Auditorio de Afundación, un a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia (28 de abril) e o outro, da Real Filharmonía de Galicia (6 de maio). A programación rematará cun concerto da Camerata Arven, xa de novo no Principal (25 de maio).

Mayumaná, Ortiga, o Cuarteto Quiroga e Ara Malikian ofrecerán concertos na cidade no primeiro trimestre

Afundación tamén ten programados no seu auditorio dous grandes concertos para a primeira parte de 2022. O primeiro correrá a cargo do grupo de danza e percusión Mayumaná (20 de xaneiro). O espectáculo que traerán a Pontevedra titúlase Currents. O segundo é o do violinista de orixe libanesa Ara Malikian (19 de febreiro).

No mes de febreiro tamén está previsto que a sala Karma recupere a súa programación de música en directo. O único nome confirmado polo momento é o de Ortiga (5 de febreiro), que presentará en directo o seu último disco despois de ter que aprazar o concerto que tiña previsto ofrecer neste mesmo espazo en decembro. As entradas neste caso están á venda en www.wegow.com.

Finalmente, da axenda cultural tamén forman parte outros espectáculos como o do Ballet Imperial Ruso (19 de xaneiro), que protagonizará unha Gran Gala Tchaikovsky na que contará coa colaboración do alumnado da escola de danza Déborah.

undefined19 de xaneiro: Ballet imperial ruso

O alumnado da escola de danza Déborah de Pontevedra acompañará ao Ballet Imperial Ruso na Gran Gala Tchaikovsky que ten previsto ofrecer este mes no Auditorio de Afundación.
Entradas: ataquilla.com
undefined22 de xaneiro: Criadas

Ana Torrent e Alicia Borrachero son as protagonistas da versión de Las criadas, de Jean Genet, que se representará no Auditorio de Afundación. Con ela ábrese a temporada de teatro deste espazo.     
 
5 de febreiro: Ortiga

Por mor dun contacto cun positivo con covid, Ortiga tivo que aprazar ata o 5 de febreiro o concerto que tiña previsto ofrecer na sala Karma o pasado decembro.
 
undefined18 de febreiro: Cuarteto Quiroga

Un dos concertos centrais da temporada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra será o do Cuarteto Quiroga, que leva o nome do violinista pontevedrés Manuel Quiroga. Actuará no Teatro Principal. 
undefined19 de febreiro: Ara Malikian 

Tras o concerto que ofreceu en 2019, o violinista Ara Malikian regresa a Pontevedra, desta vez para actuar no Auditorio de Afundación dentro da xira mundial que está realizando