BD made in Galicia

Moito ten chovido dende que Reimundo Patiño e Xaquín Marín confecionaban, alá polos anos setenta, o que serían os primeiros pasos de Banda Deseñada no país galaico. A novena arte chegara a Galicia cargada de activismo político e moita opinión. Hoxe, corenta anos despois, esta forma de expresión artística segue a coller pulo dentro das fronteiras do país, e algúns dos creadores de Banda Deseñada xa deron o gran salto e cruzaron o muro editorial europeo.

Pero é correcto falar dunha  marca de 'BD galega' ? A diferencia dos autores americanos, que traballan dun xeito colectivo e venden as súas obras case dentro da anonimia que xenera o traballo en grupo, os autores europeos decántanse por un traballo máis “de autor”. No caso español ou galego, o mercado da BD move moitos menos cartos, e isto deriva nun rexeitamento do traballo en equipo por parte dos creadores.







Comentarios