A xornalista e coñecida presentadora da TVG Beatriz Manjón (Ferrol, 1976) vén de presentar a súa primeira novela, Héroes de polvo.
¿Que conta neste libro?
É unha historia de amor entre unha xornalista do corazón, Lola, e un camello, unha persoa fráxil que afronta este modo de vida para sustentar a súa familia; que xa coñece o que é subsisitir grazas ao narcotráfico.
O personaxe principal é unha xornalista coma vostede. ¿Reflíctese a autora en Lola?
Cando se escribe unha novela o autor sempre tira de cousas da súa contorna. A protagonista é xornalista coma min e tamén ten un gato. Hai outros personaxes que se poden ver reflectidos en xente da miña contorna.
Levamos tempo oíndo que ía sacar un libro. ¿Foi tan longo o proceso de creación?
Levábao cociñando desde marzo de 2010. Despois houbo un período de busca de axente literario e en 2011 contactei con Sandra Bruna, que me conseguiu contacto con esta editorial. Despois estivemos preparando o deseño da portada e outras cousas de edición.
Esta obra conta con numerosas citas literarias.
Cando escribo gústame tirar de citas literarias, especialmente sobre conceptos paixonais. Por iso no libro a súa presenza é constante, ben integradas no texto, sen deter a narración.
¿Está a traballar nalgún outro proxecto literario?
Teño unha idea clara na cabeza sobre unha novela que trata o tema dos trastornos mentais, pero entre o traballo, as presentacións e os artigos, está un pouco aparcada. Pero teño moi claro que penso seguir adiante no mundo da literatura.
Beatriz Manjón: ''Al escribir me gusta tirar de citas literarias, especialmente sobre conceptos pasionales''
