Black Eyed Peas, Iggy Pop e David Guetta serán cabezas de cartel de O Son do Camiño

Tamén actuarán nesta segunda ocasión Die  Antwoord, Rosalía, Bastille, Vetusta Morla e Bloc Party, que serán parte dun cartel que volverá ter oco para grupos galegos

Black Eyed Peas. ARQUIVO
photo_camera Black Eyed Peas. ARQUIVO

Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, Die Antwoord, Rosalía, Bastille, Vetusta Morla, Bloc Party e moitos máis serán os protagonistas de O Son do Camiño 2019.

O festival compostelán anunciou o seu cartel para esta edición que se celebrará de novo no Monte do Gozo os días 13, 14 e 15 de xuño. 

As entradas sairán a 49€ nunha oferta especial, aínda que nos próximos días darán máis detalles dos prezos.

O festival, como parte da programación destinada a promocionar o Xacobeo de 2021, na súa segunda edición repite localización no Monte de Gozo despois de, no pasado mes de xullo, congregara a máis de 30.000 persoas con Jamiroquai, Lenny Kravitz, The Killers, Franz Ferdinand e Martin Garrix como principais atractivos.

Tamén actuarán nesta segunda ocasión Die  Antwoord, Rosalía, Bastille, Vetusta Morla e Bloc Party, que serán parte dun cartel que volverá ter oco para grupos galegos.

Comentarios