Cambio de ritmo no verán de Pontevedra

O ciclo de concertos Sondeaquí dálle paso ao de Música Nova na programación estival do Concello, que esta semana incorporará tamén as Noites de Jazz
Concerto de Calle del Ruido. DAVID FREIRE
photo_camera Concerto de Calle del Ruido. DAVID FREIRE

A música en directo segue a ser protagonista da programación de verán do Concello de Pontevedra. Foino a semana pasada e continuará a selo esta. Por unha banda, Ghalos de Curral, Calle del Ruido, O Cadelo Lunático e Javier Lago foron os responsables de pechar onte o ciclo Sondeaquí, no que actuaron, ao longo dos últimos días, en tres escenarios diferentes da cidade (Xardíns da Parda, Praza de Barcelos e Praza de España), 18 grupos da escena local. Por outra, este luns comeza un novo ciclo, Música Nova, centrado en divulgar sons galegos máis contemporáneos, e o martes iníciase Noites de Jazz, a proposta de pequeno formato que substituirá neste verán pos-covid ao Festival Internacional de Jazz e Blues.

Ghalos de CurralA canción de autor de MJ Pérez (21.00 horas, Xardíns de María Victoria Moreno) e a música traidicional de Fransy González con Davide Salvado (22.00 horas, Praza da Ferrería) inauguran este luns o novo ciclo da programación de verán, que repetirá os próximos días horarios e escenarios. Este martes será a vez do flameco-jazz de Ton Risco e Marcos Teira e do blues da Bakin Blues Band. Música Nova pecharase o mércores (29 de xullo) co cuarteto vocal EJAZZ e coa proposta electrónica de Laura LaMontagne & PicoAmperio. A cantautora MJ Pérez, que abre este luns a proposta, volverá a Pontevedra en agosto para participar no ciclo Con voz de muller.

Polo que se refire á programación de Noites de Jazz, que comeza este martes e se prolongará ata o 1 de agosto, está previsto que se presente este luns no Concello.

Comentarios