Camerata Arven fusiónase co Ballet de Galicia e cos debuxos de Marc Taeger

A agrupación protagoniza o ciclo Do silencio á emoción, que se celebrará no Auditorio de Afundación de Pontevedra entre o 24 de marzo e 12 de xuño ▶ "A todo o mundo lle gusta a música clásica, pero moitos aínda non o saben", dixo Javier Morgade, que avanzou que algunhas persoas do público presenzarán os concertos dende o propio escenario
Marc Taeger, Marité Cores, Javier Morgade, Diego Landín, Afundación, Camerata Arven, Ballet de Galicia. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Marc Taeger, Marité Cores, Javier Morgade e Diego Landín, no Auditorio de Afundación. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Catro concertos compoñen o ciclo Do silencio á emoción, que Camerata Arven celebrará no Auditorio de Afundación en Pontevedra co obxectivo de achegar a música clásica a un público de todas as idades. "De 0 a 100 anos", apuntou Marité Cores. "Do que se trata é de acabar cos prexuízos. Pareceunos unha aposta arriscada, pero necesaria, para axudar a redescubrir a música clásica", seguiu explicando a coordinadora da Área de Cultura de Afundación na presentación da actividade, que tivo lugar o xoves 11 de marzo e que contou coa participación do fundador da camerata, Javier Morgade; do director do Ballet de Galicia, Diego Landín, e do ilustrador Marc Taeger, os dous últimos involucrados tamén na proposta.

"A todo o mundo lle gusta a música clásica, pero moitos aínda non o saben", dixo Morgade, que avanzou que unha das particularidades dos recitais é que comezarán cunha breve introdución por parte dos músicos na que se explicará o programa que se vai interpretar. Outra será que algunhas persoas escollidas do auditorio poderán presenzar o espectáculo dende o propio escenario, pegadas aos músicos. "E unha chiscadela a ese achegamento que propoñemos cos espectadores. Esta música ten que deixar de ser algo elitista. Hai que romper as barreiras con quen nos escoita", comentou o membro da camerata. "Por outra parte, nesta obriga, que penso que temos como músicos, de tratar achegar a música clásica e sinfónica á xente, imos mesturala con outras artes". Aí entran as colaboracións co Ballet de Galicia e con Marc Taeger.

O ciclo comezará o xoves 24 de marzo (20.30 horas) coa estrea absoluta dunha obra composta polo valenciano Rubén Martínez especificamente para a Camerata Arven. O programa incluirá tamén a primeira sinfonía en Re mayor, Titán, de Gustav Mahler. "Neste concerto contaremos con David Fiuza, da Banda de Música de Santiago, como director convidado", contou Morgade.

O público poderá seguir o traballo do debuxante a través dunha cámara cenital que mostrará como realiza os seus debuxos a man con pinturas e papel sobre unha mesa 

O 24 de abril (12.00 horas) será a segunda actuación, que se abrirá con Ma mere l'oye, de Ravel, e seguirá con O neno de pau, "unha versión da historia de Pinocho composta polo profesor do Conservatorio de Vigo Toni Cantal". Na interpretación desta última obra será na que participen a narradora Carmen Méndez e o debuxante Marc Taeger. O autor xa colaborara con anterioridade coa Camerata Arven. "Me gustan mucho estas propuestas que te sacan del papel habitual de un ilustrador. Creo además que permiten vivir la música de otra manera", explicou. "De alguna forma pasas a formar parte de la agrupación. Es como subirte a una ola: tienes que seguir en ella, no te puedes bajar. El directo siempre es el directo". O ilustrador traballará sobre unha mesa na que irá realizando unha serie de debuxos durante os 30 minutos que dura a obra. "Mi intención es hacer uno cada cinco minutos, seis en total". O seu traballo, que realizará a man, "escapando de toda esa tecnología que nos rodea, para usar pintura y papel reales y que los niños vean que uno se mancha cuando trabaja", poderase seguir a través das imaxes que tomará unha cámara cenital. A maiores, Taeger tamén baralla a posibilidade de intervir durante a interpretación da peza de Ravel. "En este caso de una forma más experimental, más sensorial, tratando de captar esos micro momentos que componen la obra".

O terceiro concerto do ciclo estará composto unicamente por música de cámara. Será o 26 de maio (20.30 horas) e incluirá a interpretación de Sinfonía de cámara para cuerda y vientos, de Ermanno Wolf-Ferrari, "un autor que practicamente ninguén coñece, que forma parte desa serie de compositores que case non se programan e que nos queremos axudar a descubrir", e de Dixtour, de Jean Français.

As entradas para o ciclo están á venda en ataquilla.com

Finalmente, o 12 de xuño (12.00 horas) pecharase a programación cun concerto no que se interpretarán Goyescas Intermezzo, de Granados; Pavane pour une infante défunte, de Ravel, e El Carnaval de los animales, de Saint-Säens. O director será Iago Lariño e en El Carnaval de los animales será onde se sume o Ballet de Galicia ao espectáculo. "Bailar con música en directo siempre es algo especial", dixo Diego Landín, director da agrupación de baile fundada en Marín "en plena pandemia", segundo lembrou. "Nuestro objetivo principal es precisamente acercar la danza a todo tipo de públicos. En este espectáculo trataremos de romper esa distancia que muchas veces se crea con el espectador cuando se pone directamente frente a un bailarín profesional. Así que empezaremos mostrando el trabajo de los más pequeños del grupo interpretando algo sencillo para ir avanzando hasta llegar a los más experimentados. Le proponemos a los espectadores acompañarnos en este viaje. Además no nos limitamos a representar simplemente a cada animal sino que cada uno de ellos es una emoción", contou Landín. "Es una coreografía hecha con mucho mimo y mucho cariño. Y es la primera vez que vamos a actuar en el escenario del Auditorio de Afundación, así que estamos muy emocionados".

As entradas para o ciclo están á venda en ataquilla.com (6 euros). Ademais a actividade está incluída no programa solidario de Afundación Cultura por alimentos, campaña solidaria de recollida de alimentos, neste caso para enviar a Ucraína.

CICLO DO SILENCIO Á EMOCIÓN
Xoves 24 de marzo. 20.30 horas. Auditorio de Afundación. Anrewerna Obertura Op. 16, de Rubén Martínez Varelles. Primera Sinfonía en Re mayor, Titán, de Gustav Mahler. Director: David Fiuza Souto. Entradas: ataquilla.com.
Domingo 24 de abril. 12.00 horas. Auditorio de Afundación. Ma mere l'oye, de M. Ravel. O neno de pau, de Toni Cantal Mariño. Debuxante: Marc Taeger. Narradora: Carmen Méndez. Entradas: ataquilla.com.
Xoves 26 de maio. 20.30 horas. Auditorio de Afundación. Sinfonía de cámara para cuerda y vientos, de Ermanno Wolf-Ferrari. Dixtour, de Jean Français. Entradas: ataquilla.com.
Domingo 12 de xuño. 12.00 horas. Auditorio de Afundación. Goyescas Inermezzo, de E. Granados. Pavane pour une infante défunte, de M. Ravel. El Carnaval de los animales, de C. Saint-Säens. Ballet de Galicia. Director: Iago Lariño Rodal. Entradas: ataquilla.com.

Comentarios