miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Carlos G. Reigosa presenta su libro sobre la posguerra A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados

O Consello da Cultura Galega acolleu este xoves a presentación do libro “A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados” de Carlos G. Reigosa. No acto interviron Ramón Villares, presidente da institución, o editor, Manuel Bragado e o autor.

Trátase dunha reedición do título que se editou por vez primeira en 1996, merecente daquela do Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testemuñal, e actualizado agora, o libro é “un descenso aos infernos da posguerra española”, como apunta no prólogo o escritor e xornalista Manuel Leguineche.

Carlos G. Reigosa, xornalista e escritor, describe con rigor histórico o drama dos fuxidos centrándose na peripecia vital do guerrilleiro berciano Manuel Girón Bazán, da UGT, combatente na fronte de Asturias e logo mito da guerrilla antifranquista en León e Galicia ata o seu final en 1951.

O autor, que segue traballando a temática da posguerra, defendeu a necesidade de recuperar a historia sen orientacións sectarias ou mistificadoras, visión na que coincide con Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.

O libro pode lerse como reportaxe dun tempo de combate, represión, miseria e dor, novela policial, crónica de horribles sucesos, episodio bélico, novela psicolóxica, crónica de costumes, descrición dunha zona deprimida -La Cabrera, montaña case inaccesible no noroeste de León- ou como retrato da condición humana nunha situación límite.
 

Carlos G. Reigosa presenta su libro sobre la posguerra A agonía...
Comentarios
ç