lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Carme P.G. Granxeiro faise co II Premio Literario Pinto e Maragota

Carme P.G. CEDIDA
Carme P.G. CEDIDA
O xurado, que valorou 27 traballos, destaca Estranxeiras –a obra gañadora– como unha representación LGBTIQA feita con sensibilidade, na que se reclama o rural como espazo de liberdade e reivindicación

A autora Carme P.G. Granxeiro proclamouse gañadora da II edición do Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade de Sexo e Xénero grazas á súa obra Estranxeiras. A decisión foi acordada polos membros do xurado por maioría nunha reunión que tivo lugar o pasado 29 de decembro no Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra e na que se analizaron un total de 27 traballos recibidos neste certame, que organiza a Concellería de Igualdade en colaboración con Edicións Xerais de Galicia e cuxo galardón conta cunha dotación económica de 3.000 euros.

Tal e como subliña a concelleira Yoya Blanco, o xurado destacou na obra gañadora o feito de ser "unha representación LGBTIQA realizada con sensibilidade, na que se reclama o rural como un espazo de liberdade e reivindicación”, ao tempo que valorou "a dignificación das relacións interxeracionais presentes na novela"  e "o emprego de novas formas de linguaxe, como a utilización do pronome neutro".

"Tamén valoraron a construción coral de personaxes, cunha interesante galería de personaxes secundarios tratados con sensibilidade e delicadeza. Para o xurado, Estranxeiras é unha obra de lectura áxil, apta para un público amplo, con referentes á cultura LGBTIQA+ en libros, filmes, música... Presentes ao longo da obra", apunta a edil de Igualdade.

A concelleira de Igualdade sinala que "o xurado tamén salientou a calidade doutras dúas pezas presentadas ao certame: a da obra de narrativa xuvenil A nave e a do poemario Feitas ao sisel"

Segundo sinala a socialista, ademais da obra gañadora, "o xurado tamén quixo destacar a calidade de dúas pezas presentadas ao certame: a da obra de narrativa xuvenil A nave e a do poemario Feitas ao sisel". Blanco lembra que o Premio Pinto e Maragota "está destinado a visibilizar e dignificar a diversidade de sexo e de xénero" e que "o xurado estivo integrado por representantes do Concello, a comunidade educativa e a editora Xerais: Anxos Rial Vidal, mediadora de lectura e docente no IES Sánchez Cantón e membro do Comité de Igualdade e do Grupo de Apoio LGBTIQ+ do instituto pontevedrés; Denís Vicente, docente e coordinador de Igualdade e Apoio LGBTIQ+ no IES As Barxas e membro fundador da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia; Nee Barros, escritore e activista LGBTIQA+, e Vanesa Prado, funcionaria da Administración municipal e secretaria do xurado".

Carme P.G. CEDIDA

Aínda que Carme P.G. Granxeiro se estrea como escritora con Estranxeiras, que sairá publicada en Xerais ao longo deste ano, conta porén cunha dilatada produción audiovisual propia. Participou en diversas actividades de Pinto e Maragota, tanto no II Congreso Pinto e Maragota pola Diversidade, como en videofórums nos centros de Ensino Secundario de Pontevedra, cos seus filmes Persoas S.A. e 1948-2016, un final para empezar.

Carme P.G. Granxeiro faise co II Premio Literario Pinto e Maragota
Comentarios