'Carmina Burana' para festexar a trintena

A Asociación Cultural San Martiño de Salcedo celebrou este sábado o seu 30 aniversario cun concerto da súa banda de música e a Coral El Eco

Imaxe do concerto do sábado no pazo da Cultura de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Imaxe do concerto do sábado no pazo da Cultura de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Música para festexar 30 anos de cultura e asociacionismo. A Asociación Cultural San Martiño de Salcedo celebrou este sábado o seu aniversario cun gran concerto no que se reuniu a Banda de Música de Salcedo coa Coral Polifónica El Eco da Coruña. O obxectivo era representar a obra Carmina Burana, de Carl Orff, e, tras meses de ensaios, os músicos encargados da posta en escena cumpriron sobradamento con el.

Os artistas estiveron dirixidos pola batuta de Marcel Van Bree, o director da mencionada banda. A composición Carmina Burana é unha cantata escénica do século XX composta por Carl Orff en 1936. O creador tomou como base para a composición 25 cantos dos séculos XII e XIII que se conservaron nun único códice encontrado nunha abadía de Baviera.

Nesta peza satirízanse e critícanse todas as clases sociais e especialmente as persoas que ostentaban o poder, na coroa e, sobre todo, no clero. Deste xeito, a obra contitúe unha recompilación de textos laicos medievais única, xa que por aquel entón o costume era realizar textos literarios relixiosos.

Javi PAZO DA CULTURA: concerto da Banda de Musica de Salcedo e da Coral Polifonica El Eco. 'Carmina Burana'. Tamen entrega das medallas de prata da Asociacion San Martino a Supermercados Froiz e a Francisco 'Paco' Rivas (técnico do Pazo da Cultura). ***A entrega dos premios tera lugar ao principio, despois seguira o concerto. ***Tamen fotos de publicoPara poñer en escena a peza, ademais de contar coa colaboración da coral El Eco, que foi fundada en 1881 por Pascual Veiga (autor da música do himno galego), contou tamén coa voz dos solistas Clara Panas (soprano), Enrique Martínez (tenor) e John Heath (barítono). Ambos os tres teñen unha acreditada experiencia sobre os escenarios. Deste xeito, Panas percorreu Asia e Europa en diversos concertos, Martínez ten unha ampla traxectoria en Francia e ten cantado en salas de renome como a Opera Comique (París), a Opera Nationele (Bucarest) ou o Teatro Wielki (Varsovia). Pola súa parte, John Heath formouse na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid.

O numeroso público que se reuniu onte no Pazo da Cultura foi testemuña da actuación. Antes do concerto, a Asociación Cultural San Martiño aproveitou para recoñecer a traxectoria dunha empresa e máis dunha persoa da cidade de Pontevedra coa medalla de prata da asociación. Así, os premiados foron Supermercados Froiz e máis Francisco Rivas, máis coñecido como Paco, técnico do Pazo da Cultura.

Comentarios