jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

Carracedo, Castro y Gurriarán reciben los premios Peña Novo en el pazo de Soutomaior

Os gañadores dos galardóns da Fundación Lois Peña Novo
Os gañadores dos galardóns da Fundación Lois Peña Novo
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu a entrega dos galardóns que recoñecen o uso do galego no ámbito profesional. O acto contou cunha actuación de María do Ceo

O Castelo de Soutomaior acolleu onte a entrega dos XXI Premios Peña Novo, que recaeron no xenetista Ángel Carracedo, a avogada Consuelo Castro e o historiador e escritor Ricardo Gurriarán. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu o acto, no que tamén estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos. O evento contou ademais cunha actuación da fadista María do Ceo.

O científico e xenomista da USC Ángel Carracedo foi recoñecido polo seu compromiso co idioma, que fai público con orgullo

O catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública Galega de Xenómica, Ángel Carracedo, é o científico galego con maior proxección internacional. O xurado destacou á hora de premialo o seu compromiso persoal a prol da lingua galega, que fai público con fachenda. Así mesmo, manifestou "o orgullo que supón para Galicia contar cun científico da súa talla intelectual e humana". Ademais, o xurado lembra palabras do propio Carracedo, que di que "para achegar a ciencia á xente da nosa terra hai que facelo na nosa lingua; o entusiasmo e a proximidade son a clave para a divulgación científica e a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela".

 O xurado destacou de Consuelo Castro como o seu uso do idioma "fai visible o traballo das mulleres na defensa da identidade"

A xefa territorial da Avogacía do Estado en Galicia, Consuelo Castro, destaca polo seu compromiso coa lingua galega, tanto na avogacía como no resto das súas intervencións públicas. O xurado considera que a súa "actitude positiva fronte a utilización do idioma galego nos cargos de alta dirección na Administración fai visible o traballo das mulleres na defensa dos nosos valores identitarios". Segundo recolle a acta do fallo dos galardóns, "a trascendencia do seu papel neste sentido é dobre: permitirlle observar á poboación o uso do galego por parte de membros dunha institución do Estado e exemplificar aos operadores xurídicos convidándoos dun xeito claro e contundente a utilizar a lingua galega". En palabras da propia avogada, "o futuro que lle agarda á lingua galega, hoxe na encrucillada, é unha decisión que nos corresponde tomar a todos nós".

O terceiro premio Lois Peña Novo deste ano foi para Ricardo Gurriarán, director da área de Historia da Fundación 10 de Marzo. O xurado destaca o seu traballo pedagóxico e o seu labor de investigación na procura da reconstrución da memoria colectiva. Tamén salienta a novidade das súas achegas científicas a unha disciplina na que había "evidentes lagoas para o coñecemento do acontecer social".

 O investigador Ricardo Gurriarán «realizou achegas fundamentais» para a reconstrución da memoria colectiva

O xurado destes galardóns, que recoñecen o uso do idioma no ámbito profesional, estivo composto polo catedrático de Electromagnetismo da USC e director do Departamento de Física aplicada da mesma universidade, Jorge Mira; o profesor titular no Campus de Pontevedra Antón Fernández; a avogada Elva Campo; a avogada Olga Failde; o lingüista da Televisión de Galicia e escritor Antón Dobao e a secretaria da Fundación Lois Peña Novo, Carme Pérez.

Carracedo, Castro y Gurriarán reciben los premios Peña Novo en el...
Comentarios