Castelao volve ao Café Moderno

A sala de exposicións de Afundación en Pontevedra acolle, ata o 23 de xaneiro, unha exposición que repasa, a través de facsímiles, o traballo gráfico do autor de Rianxo
Detalle dunha vitrina na exposición do Café Moderno: JAVIER CERVERA
photo_camera Detalle dunha vitrina na exposición do Café Moderno: JAVIER CERVERA

A figura de Castelao, como parte do conxunto escultórico A tertulia do Café Moderno, permanece dende onte rodeada de facsímiles que reproducen a obra gráfica do artista de Rianxo. "A apertura desta mostra constitúe unha dobre satisfacción para nós, por reabrir despois de tantos meses pechados e por facelo cunha exposición de Castelao, explicou a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores. Xunto a ela, o comisario da mostra Castelao grafista (facsímile), Miguel Fernández Cid; a directora da Fundación Torrente Ballester, Teresa Saiz, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, presentaron a chegada desta proposta expositiva a Pontevedra, onde permanecerá ata o 23 de xaneiro.

O proxecto desta exposición sobre a obra gráfica de Castelao naceu, segundo os seus responsables, en 2016, cando a Real Academia Galega de Belas Artes lle adicou o Día das Artes Galegas ao autor. "Ahí comenzó un sueño que, de alguna manera, se completa ahora con la intención de Afundación de mover la muestra por distintas ciudades gallegas", explicou Fernández-Cid. "Este proyecto está concebido como un repaso a la obra de alguien inquieto, activo y curioso".

Segundo dixo o comisario, o formato actual da exposición permite movela por espazos aos que sería difícil que chegara doutra maneira e, deste xeito, "quizás haya personas que se animen, después de pasar por aquí, a acercarse a ver las obras originales en el Museo de Pontevedra".

INTENCIÓN. Miguel Fernández Cid lembrou os obxectivos da exposición que se ideou en 2016 e da que derivou esta que chega ao Moderno. "Toda muestra tiene una intención y un argumento. La intención de esta es difundir la obra y la personalidad de Castelao, y su argumento, llamar la atención sobre su obra gráfica".

"Castelao grafista inaugurouse en setembro de 2017 na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando no que supuxo un fito para Fernández Cid, "porque es fundamental que el arte gallego llegue fuera por el propio interés que despierta". A expectación que levantou a mostra levou a poñer en marcha unha segunda fase, "una versión más portátil", para poder movela con maior facilidade. "A mayores, el apoyo de Turismo de Galicia permitió, entre otras cosas, algo tan importante como que en todos los Institutos Cervantes del mundo existan ejemplares de los álbumes de Castelao".

A mostra do Moderno inclúe reproducións, debuxos, fotos, caricaturas e manuscritos, entre outras cousas.