Celebración de dez anos de pintura

O ciclo expositivo Na beira do río. Diálogos na pintura reúne na súa décima edición aos creadores que participaron na proposta dende o seu inicio ► "Non temos nada que envexar a ningunha outra parte do mundo en canto a calidade artística", sinalou o comisario
Un momento da inauguración. DAVID FREIRE
photo_camera Un momento da inauguración da mostra. DAVID FREIRE

David PAZO DA CULTURA: inauguracion da exposicion de decimo aniversario Na beira do rio. Dialogos na pintura. Acto, artistas, autoridades e obras ****Participaran 14 dos 18 artistas que exponen. Tamen estaran presentes distintas autoridades, jueves, 8 oct · 20:00–20:00Case un cento de obras forman parte da mostra coa que o ciclo Na beira do río. Diálogos na pintura celebra o seu décimo aniversario. "Esta exposición naceu coa intención de reivindicar a pintura nun momento de incertidume no que estaba un tanto marxinada no mundo da arte", explicou o comisario do proxecto, Ramón Rozas. "Dez anos despois queriamos celebralo dalgunha maneira e, ao mesmo tempo, xuntar aos artistas que nos deron unha lección de traballo en común nun espazo excepcional como o do Pazo da Cultura".

Trece dos dezaoito creadores que participaron nesta iniciativa dende 2011 asistiron este xoves á inauguración da décima edición dun proxecto que convidaba a dialogar a dous pintores, a través dás súas obras, no outono pontevedrés. "Nesta cidade marabillosa non temos nada que envexar a ningunha outra parte do mundo en canto a calidade artística", dixo Rozas, que lembrou que a proposta fora acollida no seu día con interese pola concelleira de Cultura daquel momento, Anxos Riveiro, e continuada pola súa sucesora no cargo, Carme Fouces. "Estar aquí, a pesar das circunstancias, é moi importante", dixo esta última na inauguración. "Todo isto enriquécenos".

O Pazo da Cultura tiña que ser, en primeiro lugar, a casa dúas nosos artistas. Esta sala tamén foi concibida como lanzadeira

As medidas de seguridade ás que obrigan as restricións derivadas da situación sanitaria en Pontevedra marcaron a apertura da mostra, un acto habitualmente concorrido que estivo limitado a 60 persoas que tiveron que levar máscara e gardar distancia de seguridade. "Nunca imaxinamos ter que facer esta exposición nunha situación tan excepcional", comentou o comisario, que tamén se referiu a como a covid-19 marcase as pautas de traballo cos artistas e a montaxe da mostra. "A pesar dunha situación tan complicada conseguimos xuntar as obras e aos artistas", explicou Rozas que tamén lembrou como Na beira do río, ao longo dos anos, fora acollendo visitas escolares, obradoiros, concertos, recitais poéticos e espectáculos de danza. "Unha exposición pode ser moito máis que unha exposición.

DESAFÍO. "Hai que seguir sendo prudentes", dixo o alcalde de Pontevedra sobre a actual situación sanitaria. Miguel Anxo Fernández Lores foi o último en intervir non acto inaugural e fíxoo referíndose á importancia do Pazo da Cultura como espazo expositivo. Xa dixera con anterioridade o comisario do proxecto que enfrontarse ás salas fora ou maior desafío que tiveran os autores de Diálogos na pintura. "Este sitio tiña que ser, en primeiro lugar, a casa dos artistas da cidade. E así foi. Porque esta sala tamén foi concibida como lanzadeira. En Pontevedra estamos moi orgullosos de crer en nós mesmos e nas nosas capacidades", comentou Lores.

O alcalde tamén fixo referencia á construción do ciclo expositivo arredor do Lérez. "Déuselle valor ao río como elemento de unión física. A través deste proxecto seguimos construíndo valores ao seu arredor".

Tanto a concelleira de Cultura como o alcalde recoñeceron o papel do comisario á hora de sacar o proxecto de Na beira do río adiante. "O seu compromiso coa cultura e coa cidade é indiscutible", dixo Fouces, que calificou a exposición de cita de referencia no outono da cidade. "Este proxecto consolídase como un lugar de encontro entre artistas de distintos estilos e xeracións", rematou.

Comentarios