Chega o 'Sinsal' pero sen desvelar os seus artistas

O corazón da Ría de Vigo, a Illa de San Simón, acolle dende o xoves e ata o domingo o festival máis especial do verán
Presentación do festival Sinsal Son Estrella Galicia. DP
photo_camera Presentación do festival Sinsal Son Estrella Galicia. DP

A Illa de San Simón, acollerá unha vez máis a terceira edición do festival Sinsal Son Estrellla Galicia dende o xoves 25 e ata o domingo 28.

A presentación do festival tivo lugar este luns na lonxa de Cesantes e na mesma participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva xunto a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro de Cultura e turismo, Daniel Boullosa, e o codirector do festival, Luis Campos.

Sinsal Son Estrella Galicia destaca por ser un festival no que o cartel é secreto, pero malia que aínda se descoñece, Carmela Silva aclara que "os seus e as súas artistas sempre teñen unha enorme calidade musical" e engade que "este festival é moi especial porque ten todos os ingredientes para converterse en único".

Tamén sobresae por ser un evento comprometido cos novos valores do S.XXI: a sustentibilidade do entorno, o compromiso co medio ambiente na loita contra os plásticos e o compromiso coa igualdade, ao ter moitas artistas mulleres tanto no cartel coma na organización.

Ademais, esta nova edición contará cunha artista transexual, o que engade diversidade coma un valor máis que añadir.

Para respaldar a importancia deste feito, a Deputación estará presente co vídeo Sorrisos trasformadores, realizado coa Asociación Arelas, a través do cal o colectivo trans conta o seu desexo de ser feliz cada día.

A alcaldesa de Redondela sinalou que gustaríalle que o ano que ven toda a veciñanza se implique no festival que tanto a nivel nacional como internacional ten moito impulso e mostrou a súa emoción porque os concertos se realicen na Illa de San Simón.

Coma no resto dos festivais, Sinsal Son Estrella Galicia contará cunha carpa propia de igualdade para previr o acoso e as agresións sexuais coa campaña Eu decido, ti respetas.

Deste xeito, instalarase un punto de información, con cinco axentes de igualdade que entregarán folletos dirixidos a mozas e mozos con contidos diferenciados para mulleres e para homes e outros materiais promocionais que van complementar a campaña.

Na edición do ano pasado, o festival recibiu preto de 30.000 visitantes, das cales 650 pasaron polo stand de Igualdade da Deputación onde se prestou asesoramento.

Ademais, en sintonía coa axenda de sustentabilidade, tamén se instalará un stand informativo pertencente á campaña Experiencias Sostenibles contra os plásticos.

Comentarios