Llega Woody Allen

En outono chega, como sempre, Woody Allen. Blue Jasmine é un drama ambientado no seu escenario favorito, Nova York. Cate Blanchett e Alec Baldwin protagonizan unha traxedia sobre unha muller que non quere ver o que está pasando ao seu arredor.

Stefan Ruzowitzky dirixe o thriller La huida, no que Eric Bana e Olivia Wilde foxen tras un asalto fallido a un casino e deciden separarse para que non os collan.

Tamén esta semana volve Robert de Niro para facer do que mellor sabe, de capo mafioso, na comedia de humor negro Malavita, de Luc Besson. Acompañan o actor neoiorquino Michelle Pfeiffer e Tommy Lee Jones.

O madrileño Manuel Carballo estrea Retornados, aproveitando o tirón da febre zombi. Terror clásico para amantes do xénero.

Os dramas Sister (Francia e Suíza), Los chicos del puerto (Alemaña) e Dos madres perfectas (Australia-Francia) tamén invaden hoxe as salas, do mesmo xeito que a comedia arxentina de boxeo de Nicanor Loreti Diablo.

Galicia: 'El pequeño mago'

O cine galego estrea hoxe a película de animación infantil El pequeño mago, escrita e dirixida por Roque Cameselle e baseada na novela histórica de Xerais Bieito Dubidoso. Trata do ataque dos vikingos a Tui e de como un rapaz que fai maxia loita contra eles. Tamén se estrea hoxe outra cinta infantil de animación: El pequeño ángel, de Dave Kim..