miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

La Cidade da Cultura
en 300 tomas

Teófilo Edicións leva ás librerías galegas o seu novo proxecto editorial Cidade da Cultura de Galicia. Un volume con explicacións en galego, castelán e inglés, no que se amosa, a través de máis de 300 fotografías, unha viaxe polo conxunto arquitectónico que se levanta no Gaiás.

Alberte Peteavel foi o fotógrafo encargado de realizar esta escolma de vistas e recunchos que ofrecen os edificios de Eisenman.

Ao longo de sete apartados, o libro percorre desde os maxestuosos exteriores, coas súas rúas, praza e as Torres Hedjuk, aos segredos do interior dos seus edificios e entrañas baixo a cidade, pasando polas vistas aéreas deste impoñente complexo arquitectónico, e rematando cunhas imaxes do espectacular xogo de luces que lle imprime o atardecer do ceo compostelán.

Unha obra, en definitiva, que quere ser mensaxeira deste novo cumio do monte Gaiás e contribuír a que este emblemático lugar se perpetúe máis aló do sublime instante que supón fixar a realidade dun entorno ao espazo e ao tempo.

La Cidade da Cultura
en 300 tomas
Comentarios