La ciudad de las Burgas, centro mundial del ajedrez

A cidade de Ourense convertirase en centro mundial do xadrez con torneos que serán difundidos entre 40 millóns de xadrecistas de todo o mundo vía internet. Será os vindeiros días 25, 26 e 27 de setembro no Pazo dos Deportes 'Paco Paz' da capital das Burgas, que acollerá co respaldo da Deputación un acontecemento deportivo que está a ser difundido entre 40 millóns de xadrecistas de todo o mundo a través de Internet: o 'Galicia Chess Festival 2009'.

Con motivo do Xacobeo 2010 e dentro das actividades de promoción do Ano Santo, organízase en Ourense este festival de xadrez con torneos espectaculares coma o 'Aberto Internacional de Xadrez Activo Memorial Fernando Marcote' e os 'Campionatos de Europa de Xadrez Activo Feminino', 'Xadrez Lóstrego' e 'Xadrez Lóstrego Feminino', cun fondo de premios de 50.000 euros.

Actividades fóra do taboleiro
Ademais, prográmanse numerosas actividades paralelas para o público, acompañantes ou os propios xogadores: partido de fútbol 'Selección de Xadrez' contra 'C.F. Ourense Xuvenil', 'Festa do Xadrez en Suite212', visita á Adega Ribeira Sacra, visita ao casino de Chaves, excursión aos Canóns do Sil, paseo en piragua, baños termais, concursos de xadrez, baloncesto, tenis ou golf, escola de aprendizaxe, etc.

Ourense, terra termal por excelencia, promociónase entre outras culturas que tamén conxugan o xadrez co turismo termal coma son Budapest, Baden-Baden ou Montecatini Terme. Agora Galicia aposta forte polo xadrez, presentando un dos acontecementos máis importantes do ano na modalidade de xadrez rápido e blitz, o 'Galicia Chess Festival 2009'.

Segundo os organizadores, este evento deportivo oferta 600 prazas e proponse como prioridade potenciar o xadrez feminino, contando como principal patrocinador o Xacobeo 2010.

Comentarios