lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Os clásicos volven polo Nadal

Imaxe promocional de 'O Quebranoces'. DP
Imaxe promocional de 'O Quebranoces'. DP
Ballets como 'O Quebranoces' e concertos adicados a Johann Strauss protagonizarán a oferta cultural do final do ano en Pontevedra

Programación cultural para o Nadal en PontevedraClásicos como o ballet O Quebranoches, os concertos de gospel, os espectáculos de danzas do leste de Europa e os recitais con programas centrados nas composicións da familia Strauss protagonizarán a programación cultural de Nadal en Pontevedra. A oferta completarase con espectáculos para nenos, un concerto de Carlos Núñez e a IV Gala Internacional de Ilusionismo de Galicia.

Ballets da relevancia de O Quebranoches, que porá en escena o Ballet Nacional Ruso, o 10 de decembro, e A Bela Durminte, do Ballet de San Petersburgo de Andrey Batalov, o 19 de xaneiro, son dous dos espectáculos máis relevantes dos próximos meses na cidade. O primeiro recibiu o premio ao mellor espectáculo de danza do Teatro de Rojas de Toledo en 2017, e o segundo, o mesmo galardón, o ano pasado. Os dous se poderán ver no Auditorio de Afundación.

O Spirit of New Orleans Gospel Choir. DP

1 DE XANEIRO. A familia Strauss cobrará protagonismo, como é habitual, nos concertos de Aninovo. Seráo tanto no que ofrecerá a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra no Pazo da Cultura, o 1 de xaneiro, como no da Strauss Festival Orchestra, que actuará co Strauss Festival Ballet Ensemble, o 28 de decembro, no Auditorio de Afundación.

Outras propostas habituais na temporada de Nadal son os concertos de gospel e os espectáculos de danzas folclóricas de Europa do leste. Afundación acollerá unha actuación do Spirit of New Orleans Gospel Choir –na imaxe de arriba–, o 14 de decembro, e outra do Ballet Nacional de Ucraína Virsky –imaxe inferior–, o 26 de decembro.

Ballet Virsky. DP

Igualmente os nenos soen ser un público ao que os programadores prestan especial atención durante as datas do Nadal. Neste sentido, en Pontevedra programaranse dous musicais: Coco. Recuérdame. El Tributo, o 7 de decembro, e El Pekemusical de la Navidad, o 22 de decembro.

A programación do Nadal completarase cun concerto de Carlos Núñez no Pazo da Cultura, o 21 de decembro, que vén de anunciar o Concello, e coa IV Gala Internacional de Ilusionismo de Galicia, o 29 de decembro.

Os clásicos volven polo Nadal
Comentarios