sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

'Commedia' e 'Invisibles', as grandes vencedoras dos Premios María Casares

Integrantes de Contraproduccións recollen o premio a mellor espectáculo por 'Commedia'. EP
Integrantes de Contraproduccións recollen o premio a mellor espectáculo por 'Commedia'. EP

A Coruña acolleu a gala do teatro galego, na que resultaron premiados sete espectáculos

O teatro galego viviu este xoves o seu día grande coa entrega dos XXIII Premios María Casares. Un total de doce espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns que se repartiron no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. 

As grandes vencedoras da noite foron Commedia, de Contraproduccións, e Invisibles, de Redrum Teatro, que se fixeron con tres premios cada unha. Así, Commedia gañou o María Casares a mellor espectáculo, a mellor actor secundario —Marcos Orsi— e tamén polo vestiario; mentres que Invisibles recibiu os galardóns de mellor dirección—Marián Bañobre—, iluminación e adptación-tradución.Marián Bañobre recolle o María Casares á mellor dirección. EPMarián Bañobre recolle o María Casares á mellor dirección. EP

O servidor de dous amos, de Talía Teatro, acadou dous galardóns: Maquillaxe e actriz secundaria —Marta Lado—; Casa O Rei, de Ibuprofeno, acadou outros dous: actor protagonista —Miguel Borines— e música orixinal —Caxade—; e Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro, gañou o de mellor actriz protagonista —Iria Pinheiro— e mellor texto orixinal —Iria Pinheiro e María Lado—.

Finalmente, Divinas palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, levou un premio María Casares pola súa escenografía e Patapatúm, de Elefante Elegante, tamén se fillo co galardón na categoría de mellor espectáculo infantil.  

A GALA. Os directores Juanillo Esteban e Carlos Sante dirixiron unha gala que trasladou o público congregado no Rosalía Castro da Coruña á época do Imperio Romano, ofrecendo un espectáculo no que se mesturou o teatro coas técnicas do novo circo. 

O evento, que non foi retransmitida pola TVG por decisión tomada pola organización "ante a negativa do ente público de negociar unha mellora na retransmisión", contou co discurso de Mabel Rivera, vicepresidenta da Asociación de actores e actrices de Galicia (AAAG). Rivera centrou parte da súa intervención en explicar o proceso seguido para tomar esta decisión e cargou contra o ente público: "Cando a TVG iniciou a súa actividade encontrounos preparadas para contribuír á normalización da lingua e da cultura do noso País dende a nosa profesión (...) Pensamos que a resposta por parte da canle pública non estivo nunca á altura desta contribución". 

'Commedia' e 'Invisibles', as grandes vencedoras dos Premios María...
Comentarios