viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Concha Velasco e Antonio Resines virán con 'El funeral' ao Pazo da Cultura de Pontevedra

Santiago Cortegoso. ANDREA COLLAZO
Santiago Cortegoso. ANDREA COLLAZO

A nova temporada teatral do Concello, que abiru este xoves a compañía Ibuprofeno, inclúe unha homenaxe de Matrioshka a María Victoria Moreno

Catro obras de teatro compoñen a temporada que o Concello de Pontevedra compuxo para os meses de maio e xuño: dúas montaxes galegas e outras dúas de fóra de Galicia. Entre elas destaca El funeral, a obra de Pentación Espectáculos que protagonizan Concha Velasco e Antonio Resines. Trátase dunha comedia, dirixida polo fillo da actriz, coa que Velasco dixo que se retiraría dos escenarios (aínda que posteriormente puntualizou que non era unha decisión definitiva). Poderase ver o 8 de xuño no Pazo da Cultura.

Tamén no Pazo da Cultura e tamén dentro do programa escénico de ámbito estatal Platea, ao que está adherido este escenario pontevedrés, verase Electra, de Companhia do Chapitô, unha revisión da traxedia grega. Neste caso será o 15 de maio.

CASA O'REI. A estas dúas montaxes, súmanse outras dúas no Teatro Principal. A primeira, que se puido ver este xoves, é Casa O'Rei, de Ibuprofeno Teatro, a última parte da súa "triloxía gastronómica", como lle chamou este xoves o autor e director do espectáculo, Santiago Cortegoso. A outra é a homenaxe enriba das táboas que a compañía Matrioshka lle fai a María Victoria Moreno coa obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, que se verá o 15 de maio.

"Agora mesmo temos un teatro galego cun nivel que non ten nada que envexar ao que se fai en calquera outra comunidade autónoma", dixo Cortegoso onte no Concello, onde acompañou á concelleira de Cultura, Carme Fouces, na presentación do ciclo. "É o momento de dar un paso máis e exportar as nosas obras".

Axenda
www.pazodacultura.org


3 de maio: Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro. Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. Teatro Principal. 21.00 horas. 8 euros.

13 de maio: Electra, da Companhia do Chapitô. Pazo da Cultura. 21.00 horas. 20 euros.

15 de maio: Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, de Matrioshka Teatro. Homenaxe a María Victoria Moreno. Teatro Principal. 21.00 horas. 8 euros.

8 de xuño: El funeral, de Pentación Espectáculos. Con Concha Velasco e Antonio Resines. Pazo da Cultura. 21.00 horas. 20 euros.

 

Concha Velasco e Antonio Resines virán con 'El funeral' ao Pazo da...
Comentarios