jueves. 17.10.2019 |
El tiempo
jueves. 17.10.2019
El tiempo

Confirmado: System of a Down dará en Viveiro o seu único concerto en 2020 en España

System of a Down actuará en el Resu. EP
System of a Down actuará en el Resu. EP
O Resurrection Fest sacará á venda as entradas o 1 de outubro

System of a Down estará no Resurrection Fest. Cumprindo coas sospeitas dos seguidores, os organizadores do festival confirmaron este xoves que o grupo será o prato forte da edición na que se celebrará o 15º aniversario.

"A banda máis pedida deste ano nas nosas enquisas, un das maiores cabezas de cartel do ano nos festivais europeos de metal e unha das maiores bandas de metal da historia, estará tamén en Viveiro con data exclusiva en España para 2020. ¡¡Recibide cos brazos abertos a System of A Down!!". Así daba a noticia a conta oficial do Resu nas súas redes sociais.

Será un concerto de longa duración e con todos os éxitos da banda que soaron en radios e televisións ao longo da súa carreira. "Converterase sen ningunha dúbida nun dos concertos máis históricos que xamais vimos no festival", engade o comunicado oficial dos organizadores. 

Un vídeo publicado nas redes sociais do festival xa servira de pista aos seguidores ao verse a un mozo que despregaba un papel no que estaba escrito 'Into your hands I commend my spirit', frase de Chop Suey!, un dos temas máis coñecidos do grupo, segundo comentaron moitos dos seguidores do Resu.

O luns 23 anunciaranse máis bandas que formarán parte do cartel. 

As entradas sairán á venda o día 1 de outubro ás 11.00 horas.

Confirmado: System of a Down dará en Viveiro o seu único concerto...
Comentarios