O Consello da Cultura Galega analiza nunha xornada a figura de Arturo Souto

O crítico Ramón Rozas coordina a actividade, que terá lugar o 13 de xullo en Santiago de Compostela e na que participarán María Díaz e Paulo Porta
Cartel da xornada sobre Arturo Souto no CCG.
photo_camera Cartel da xornada sobre Arturo Souto no CCG.

O pintor Arturo Souto (Pontevedra, 1902 -México, 1964) protagonizará o día 13 de xullo unha xornada do Consello da Cultura Galega (CCG), coordinada polo crítico de Diario de Pontevedra Ramón Rozas

O propio Rozas abrirá as intervencións (17.15 horas) cunha aproximación biográfica titulada Unha escura ledicia sonora. A continuación (17.45 horas) falará da temática social das pinturas de Souto a profesora e comisaria de exposicións María Díaz, no relatorio Noticia sobre Arturo Souto. A xornada finalizará (18.15 horas) co catedrático de Debuxo no IES Xelmírez I de Santiago Paulo Porta impartindo unha charla titulada O compromiso dun artista, na que analizará a serie Debuxos de guerra, un dos traballos do artista máis comprometidos e descoñecidos.

Souto desenvolveu un intenso periplo vital e profesional entre Pontevedra, Madrid, Roma e París ata a sublevación militar de 1936

A actividade está incluída no ciclo do CCG Revisando a nosa arte e pretende analizar a figura dun dos creadores que formou parte da denominada xeración de Os renovadores, xunto con Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Torres. "A personalidade de Arturo Souto sitúao nesa xeración como unha das figuras máis relevantes, tanto polo desenvolvemento plástico da súa obra como por itinerario vital", explica o CCG.

EXILIO. Arturo Souto desenvolveu un intenso periplo vital e profesional entre Pontevedra, Madrid, Roma e París ata a sublevación militar de 1936. "Despois da Guerra Civil pasou case 20 anos no exilio mexicano, despois de ter participado activamente en defensa da República e de ser membro da Alianza de Intelectuais Antifascistas", lembra o Consello da Cultura Galega.

A actividade, organizada pola sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG, terá lugar na propia sede do Consello, no Pazo de Raxoi. A participación é gratuíta, pero o número de prazas, limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden apuntarse aquí.

Comentarios