Convocados los premios de poesía Novacaixagalicia

Ás portas do Día Internacional da Poesía, que se celebra o 21 de marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Centro PEN de Galicia e Novacaixagalicia presentaron a nova edición do certame poético Novacaixagalicia, que ten como obxectivo alentar a creación literaria e de contribuír co desenvolvemento da literatura e cultura galega.

O Acto foi presidido por representantes das tres entidades: o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente do Centro PEN de Galicia, Luís González Tosar; e o xerente de Novacaixagalicia, Pedro Otero, que deron a coñecer este mércores as bases polas que se rexerá a undécima edición do certame, que consta dun premio de 6.000 euros e a edición da obra gañadora na colección Arte de Trobar do Centro PEN de Galicia.

Anxo Lorenzo sinalou que este premio desempeña un "papel fundamental para favorecer a creatividade dos nosos autores", un elemento "indispensable" para impulsar a "incorporación de novos valores nas artes”

“Desde a administración autonómica –dixo o titular de Cultura– sumamos este ano, por vez primeira, o noso apoio á realización deste certame para garantir a estabilidade do premio mediante a convocatoria dunha nova edición, co fin de seguir contando cunha cita de referencia na axenda cultural galega e cunha canle importante para estimular a creación literaria”. “Con este apoio –dixo– estamos contribuíndo a facer visible a realidade creativa que existe en Galicia e que colectivamente temos que impulsar”.

En edicións anteriores foron recoñecidos con este premio poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle Regueiro, Xavier Rodríguez Baixeras ou Xosé Daniel Costas.

Consulta as bases completas en www.cultura.xunta.es

Comentarios