O creativo pontevedrés Xosé Teiga gaña o seu segundo Graphis de Platino

A axencia publicitaria recibíu o galardón por unha campaña de autopromoción no Nadal

Imaxe coa que Xosé Teiga fíxose co seu segundo Graphis de PlatinoA imaxe dun Papá Noel cunha boina ao estilo do Che Guevara e o lema Siempre tendremos otra forma de ver las cosas. Feliz Navidad" serviulle á axencia de publicidade de Xosé Teiga, con sede en Pontevedra, para realizar unha campaña de autopromoción polo Nadal pola que agora acaba de recibir o seu segundo Graphis de Platino, un dos premios máis importantes do mundo no ámbito da creación publicitaria.

Teiga, que tamén é mestre na Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias Sociais) fíxose co Platinum Graphis Advertising en Nova York no apartado de autopromoción. Nestes galardóns compiten algunhas das axencias máis importantes do panorama internacional. Entre elas estaban este ano: PPK, Lewis Communication, Collins, Mullen Lowe e Saatchi & Saatchi, entre outras.

Para facerse cun Graphis de Platino, o traballo debe estar entre os dez máis votados en cada categoría por un xurado internacional, indica a axencia. "Ha sido un sueño inesperado, cumplido por segunda vez y que posiciona a xosé teiga, studio entre las agencias de referencia". Todos os traballos premiados cun Graphis publícanse posteriormente nun libro que se distribúe en todo o mundo e que é unha referencia no sector publicitario.

180 premios. A axencia de Xosé Teiga acumula máis de 180 premios nacionais e internacionais polo seu traballo. Entre eles están os Communication Arts Award of Excelence (EE.UU.), Design and Design (Francia), Canes Lions Design (Francia), Wolda (Italia), Laus (España), Anuaria (España) e AdsonTV (Worldwide). O seu anterior Graphis recibiuno, o ano pasado, por un traballo audiovisual realizado xunto ao realizador Borja Mucientes.

Comentarios