Culturgal logra impoñerse á pandemia con aforo limitado e retransmisións online

A feira rexistra unha asistencia de 900 persoas e máis de 9.000 reproducións nas tres canles de retransmisión
A escritora e xornalista Ana Romaní (esquerda) durante o acto que protagonizou. DAVID FREIRE
photo_camera A escritora e xornalista Ana Romaní (esquerda) durante o acto que protagonizou. DAVID FREIRE

Conseguiu celebrarse sen stands e con aforos reducidos de público nas actividades da programación. Coa edición número trece superada, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, facía onte balance. O evento rexistrou unha asistencia presencial de 900 persoas e máis de 9.000 reproducións nas tres canles de retransmisión, segundo informou a organización.

"Se ben o obxectivo é recuperar a presenza de stands das empresas culturais e seguir sendo o punto de encontro anual do sector o vindeiro ano, a organización de Culturgal seguirá traballando no formato de retransmisión como idóneo para chegar a máis público", explican os responsables do evento nunha nota aos medios, na que tamén avanzan as datas do ano que vén: 26, 27 e 28 de novembro. "Esta décimo terceira edición retransmitida deixou patente que a recepción dos espectáculos e eventos a través dunha pantalla é un ferramenta moi potente para romper barreiras de acceso cultural". Culturgal quere seguir medrando na súa versión virtual.DAVID TEATRO PRINCIPAL: Culturgal. Encontro con Suso de Toro. PAXINA GRAFICA, domingo, 29 nov · 19:00–19:00

PROTAGONISTAS. Suso de Toro, Fina Casalderrey, Antón Reixa, Pakolas, Ana Romaní e Miguelanxo Prado foron algúns dos protagonistas das actividades do domingo en Culturgal, nunha xornada na que se prestou especial atención a propostas culturais que reflexionaban sobre o acontecido ao longo do último ano. "Na xornada de peche, o Espazo Libro no Teatro Principal acolleu un evento especial RAFA PAZO DA CULTURA: Culturgal. Espectaculos para nenos de Pakolas e Fina Casalderrey.dedicado aos libros da pandemia editados en Galicia como a tradución de Pandemia, de Slavoj Zizek, realizada por Carlos Aymerich e editada por Galaxia; o volume Setenta ideas para a (post)pandemia, editado por Catro Ventos coa participación de sete autores, ou o último proxecto de Xurxo Souto: Pangalaica, recortes poderosos".

Culturgal incluíu este ano máis de 70 propostas de música, teatro, libros, arte, ciencia e espectáculos, que foron retransmitidas a través da súa páxina web, cultur.gal, grazas a un equipo de máis de 60 persoas e 12 cámaras.

As institucións reivindican as súas programacións culturais
Como se anunciara publicamente en outubro, o próximo Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebrarase entre o 5 e o 21 de marzo e o seu lema será Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta.
Foi algunha das cuestións que o Concello avanzou onte sobre a súa programación cultural durante a Culturgal.
E é que, como vén sendo habitual, as administracións públicas aproveitaron a feira para presentar as súas programacións. O sábado fixérono a Deputación de e a Xunta. Onte sumáronse o Concello de Pontevedra, a Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, entre outras.
No caso da dúas últimas, analizaron as experiencias que levaron a cabo este ano marcado pola pandemia. Entre elas estivo a exposición Galicia, de Nós a nós, do Gaiás, que ten como cocomisaria á profesora pontevedresa Ana Acuña.
No caso do Concello de Pontevedra, ademais do Salón, presentáronse algunhas das propostas culturais máis potentes da institución municipal. O cómic Os berros da motocicleta, que conta a historia de Josefina Arruti; o programa Falamos de Normalización Lingüística e da UVigo; o proxecto expositivo Diálogos na pintura, que coordina Ramón Rozas; a biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, e a obra gañadora do III Premio María Victoria Moreno, Velloucas e Minchas, foron outras das iniciativas presentadas.

Comentarios