lunes. 30.11.2020 |
El tiempo
lunes. 30.11.2020
El tiempo

Culturgal reivéntase na semipresencialidade: 'En caso de emerxencia, cultura' 

Presentación de Culturgal. EFE
Presentación de Culturgal. EFE
Na súa dédimo terceira edición, o evento desenvolverase entre o 27 e o 29 de novembro 

A Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, desenvolverase en Pontevedra entre o 27 e o 29 de novembro baixo a lema En caso de emerxencia, cultura.  

Na súa décimo terceira edición, Culturgal se reinventa debido á crise sanitaria cun formato semipresencial no que se prescindirá de casetas no recinto, aínda que haberá escenarios e presentación de audiovisuais, vídeos, libros e demais. 

Todo isto será retransmitido por Internet, mentres que no Recinto Feiral de Pontevedra, habitual casa de Culturgal, permitirase un máximo de 50 persoas á vez. 

O calendario completo de actividades, que engloba máis de 70 propostas culturais nos ámbitos da música, escena, literatura, arte e ciencia, foi desvelado este venres polo presidente da Asociación Culturgal, Víctor López, e polo director do evento, Xosé Aldea.

PROGRAMACIÓN. A programación inclúe seis espectáculos en vivo: os concertos de Susana Seivane (sábado 28, ás 18,30 horas.), Luar na Lubre (sábado, ás 20,30 horas) e Os d'Abaixo (domingo 29, ás 20,00 horas) e os montejes escénicos Sofía unipersonal de Inversa Teatro (sábado, ás 21,00 horas.); Karelu de Os Náufragos Teatro (domingo, ás 13,00 horas) e Ópera Breaks de Vella Escola (domingo, ás 19,15 horas). 

Nesta edición, os dous principais obxectivos do evento son facilitar a participación de empresas, creadores, profesionais e públicos, e estimular a compra de produtos culturais. 

A Consellería de Cultura tamén promove a proxección o domingo da restaurada versión polícroma do documental de 1927 Pontevedra, berce de Colón, unha peza de Enrique Barreiro pioneira na experimentación para dotar de cor a imaxe cinematográfica.

CATRO ESPAZOS. Culturgal 2020 estrutúrase ao redor de catro espazos no Pazo da Cultura e no Teatro Principal de Pontevedra: Cinema, Foro, Escena e Libro, dos que os tres últimos serán accesibles para o público desde as súas casas a través das súas respectivas canles na páxina cultur.gal e en Youtube. En canto á asistencia presencial, para garantir o acceso será preciso retirar previamente a invitación na web do evento. 

Ledicia Costas, Manuel Rivas, Berta Dávila, Antón Patiño, Alberto Vázquez, Kiko da Silva e Elba Pedrosa serán algúns dos protagonistas do espazo Libro, mentres que o Foro centrarase nas artes escénicas, poesía ou performance con nomes como Mónica Mura, Carlos Varela, Rosalía Fernández Rial, Antón Reixa, Aldaolado ou Ana Romaní, ademais dos mencionados espectáculos de Inversa Teatro e Vella Escola, entre outros. 

Pola súa banda, os concertos poderán ser seguidos desde o Auditorio do Pazo da Cultura a través da Canle Escena, mentres que o espazo Cinema será o único no que o acceso do público será exclusivamente presencial. Nel proxectaranse títulos recentes do audiovisual galego, a maior parte deles producidos con subvención da Xunta de Galicia, como A illa das mentiras, Arima, Longa noite, A media voz ou a película Ons. 

O pase desta última longametraxe, dirixida por Alfonso Zarauza, será precisamente o evento central da xornada de apertura de Culturgal o venres 27, para o que se contará tamén co concerto da banda carballesa Chicharrón, que interpreta o tema principal da banda sonora de Ons. 

Culturgal está promovida pola asociación homónima, que engloba á súa vez as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais ( AGEM), Empresas Galegas Dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes ( Agapi). 

Culturgal reivéntase na semipresencialidade: 'En caso de...
Comentarios