Martes. 11.12.2018 |
El tiempo
Martes. 11.12.2018
El tiempo

Da Escola de Restauración ao Museo de Pontevedra

A Santa Bárbara, antes e despois da restauración. CEDIDA
A Santa Bárbara, antes e despois da restauración. CEDIDA

Os alumnos do centro recuperan unha Santa Bárbara, unha labra heráldica e un molde de petróglifo dentro do marco da súa colaboración coa institución provincial

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais vén de devolverlle ao Museo de Pontevedra tres pezas que recuperaron os seus estudantes dentro do marco de colaboración entre as dúas institucións. "Os alumnos de restauración e conservación de bens escultóricos remataron os traballos sobre varias pezas que foron devoltas recentemente aos Museo, para que a sociedade, presente e futura, poida gozar novamente delas", explica o centro.

En concreto trátase de tres pezas: unha Santa Bárbara, de pedra policromada; unha labra heráldica das Ruínas de Santo Domingo, e un molde de petróglifo.

Segundo informa a Escola, a colaboración co Museo continúa. Así, a institución provincial vén de depositar tres novas obras no centro para ser recuperadas polos alumnos. Neste caso trátase dunha escultura en mármore de Méndez Núñez, "con sucidade xeral e moteados pardos"; unha cabeza feminina en granito policromado, "con sucidade superficial e descohesión dos restos de policromías"; e un sarcófago das Ruínas de Santo Domingo de Pontevedra, "con intensa colonización de liques e briófitos que ocultan os relevos heráldicos".

Creada no ano 1991, a Escola Superior de Conservación e restauración de Bens Culturais de Galicia é o segundo centro máis antigo de España e, ademáis de formar profesionais, colabora activamente na conservación do patrimonio galego. A Escola de Pontevedra é un centro oficial dependente da Xunta de Galicia.

A labra heráldica, antes e despois de ser tratada. CEDIDA
A labra heráldica, antes e despois de ser tratada. CEDIDA

 

Da Escola de Restauración ao Museo de Pontevedra
Comentarios