David Rubín y Kike Benlloch homenajean a Novoneyra con un tebeo que cuenta su vida

Uxío Novoneyra: a voz herdada é o título do tebeo que Kike Benlloch escribiu e David Rubín debuxou no que ambos repasan a vida e obra do poeta courelao vista a través dos ollos de Celestino, un personaxe ficticio saído do seu maxín e que encarna a un lector conmocionado cos versos do bardo.

"Non queriamos facer un cómic biográfico ao uso, cheo de datos e bustos parlantes", explica Rubín no seu blogue, quen asegura que con esta historia explorou unha nova forma de traballar, a da biografía dunha persoa real. O que pretenderon foi "contar unha historia que dure máis aló deste acto", que cando o Día das Letras se lle dediquen a outro autor o público siga a ler o cómic "e lembrando a Novoneyra como el merece. Pensamos que é a mellor homenaxe que podiamos facerlle".

A obra é a primeira longa que Kike Benlloch publica en galego. "Estoume aproximando ás novecentas ou mil páxinas de banda deseñada publicadas e ata este proxecto en concreto non tivera a ocasión de facelo" nesta lingua, un paradoxo que o guionista aprecia coma "un síntoma" de que a día de hoxe aínda non hai cauces dabondo para usala na literatura.

Comentarios