De Centi: ''El éxito de recaudar dinero para el disco viene después de ocho años de conciertos''

César de Centi (A Coruña, 1980) publicará o seu primeiro disco tras superar o obxectivo de conseguir 2.300 euros para o proxecto a través do micromecenado con Verkami.com. E fíxoo case dúas semanas días antes do previsto.

P Parabéns polo seu éxito na busca de mecenas.
R
Grazas. Estou súper feliz por contar con máis de cen mecenas que confían no meu proxecto. Tras rematar a xira o vindeiro días 24 na biblioteca do Metropolitano, na Coruña, meterémonos no estudio.

P ¿Como explica esta resposta do público?
R
Aínda que este é o meu primeiro disco en solitario, levo uns doce anos facendo cancións e, como di Drexler: Cada uno da lo que recibe y luego recibe lo que da. Creo que é a volta do que eu din todos estes anos. Pode soar forte, pero non é unha casualidade; hai moita xente que me coñece e apostou polo proxecto.

P Así que o do ‘crowdfounding’ non é chegar e encher.
R
Non, isto é froito de sete ou oito anos de traballo no que ás veces as cousas foron ben e outras non tan ben, como cando te propós deixar a guitarra e adicarte a outra cousa.

P ¿Que ofrece este primeiro traballo?
R
Aparecerán algúns temas novos que non coñece a xente, pero, a groso modo, a maioría das cancións serán as do repertorio que veño facendo desde hai catro anos, gravadas cunha gran calidade.

P Ademais, unha das recompensas aos que puxeron cartos é compoñer unha canción personalizada...
R
Non é algo que inventara eu, pero intentei ser algo orixinal nisto do crowdfounding. Isto é algo moi exclusivo.

Comentarios