Dellafuente súmase ao cartel do Río Verbena Fest

O festival que se celebrará os días 25 e 26 de agosto presenta o seu cartel por días 
O artista granadino Dellafuente. DP
photo_camera O artista granadino Dellafuente. DP

O festival Río Verbena Fest vén de anunciar unha nova confirmación: Dellafuente actuará o próximo 25 de agosto no Recinto Feiral de Pontevedra no que será o seu único concerto en Galicia neste 2023.

A organización do festival publicou este luns o cartel por días. O venres o festival acollerá a grandes nomes do xénero urbano: Dellafuente, SFDK, Trueno, Certain People, Thom Archi, La Mosca Valiente e Chroma. O sábado será a quenda de recoñecidos artistas da escena independente como Vetusta Morla, Xoel López, Jenny and the Mexicats, The Rapants, Blanco Palamera, Galician Army, Flecha Valona, Desconcerto e Conductores Suicidas. 

As entradas poranse á venda este mércores 7 de xuño ás 12.00 horas en rioverbena.com. Os interesados poderán escoller entre o abono para os dous días –dispoñible desde 49 euros máis gastos de xestión– e as entradas por día –desde 35 euros máis gastos de xestión–. 

Comentarios