Dentro do discurso de Castelao

O Consello da Cultura Galega trae ao Pazo da Cultura de Pontevedra a exposición 'Alba de gloria', unha homenaxe á histórica declamación que o autor de Rianxo pronunciou en Bos Aires en 1948
Javi PAZO DA CULTURA: inauguracion das exposicions 'Alba de Gloria' de Castelao e 'A intimidade da imaxe' da fotografa Anna Turbau. ***POSIBLE GRAFICA Detalles da exposicion
photo_camera Detalle da montaxe de 'Alba de Gloria', no Pazo da Cultura de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Castelao revive en Pontevedra. Faino grazas á realidade virtual que forma parte da mostra Alba de gloria, unha produción do Consello da Cultura Galega (CCG), comisariada por Manuel Gago, que se inaugurou en Santiago de Compostela co gallo do 70º aniversario do histórico discurso que o autor de Rianxo pronunciou en Bos Aires en 1948 e que, tras pasar por Rianxo, chega agora á capital da cidade.

"Tiñamos claro que tiña que vir aquí", dixo este mércores, na inauguración da mostra, a presidenta do CCG, Rosario Sarmiento. Unha serie de casualidades fan que a mostra, que recrea e contextualiza a declamación de Castelao, se inaugurase ao mesmo tempo que outra produción do CCG que ocupa o resto do espazo expositivo do Pazo: a mostra fotográfica A intimidade da imaxe, de Anna Turbau. As dúas propostas permanecerán abertas ao público ata o 25 de agosto (entrada de balde).

"Parece que imos con esta mostra en peregrinación polos lugares máis profundamente ligados a Castelao", comezou dicindo Manuel Gago, que, á parte de por Sarmiento, estivo acompañado na inauguración de Alba de gloria en Pontevedra pola concelleira de Cultura, Carme Fouces, e polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. "A obra da exposición neste caso é unha obra inmaterial. Facemos unha mostra sobre algo que é un imaxinario", explicou. "As pezas son menos relevantes que o todo o que son capaces de espertar".

ESPERANZA. Do que se trata en Alba de gloria é de recrear un discurso histórico de Castelao, o último que pronunciou en vida. "El sabía moi ben que estaba escribindo sobre a idea de esperanza", indicou Gago. "Trátase de 14 minutos sorprendentes, na procura dun espazo común para os galegos. Como se pode plasmar algo que sobre todo é emoción? Castelao buscaba chegar máis ao corazón que ao cerebro. Ese era o noso desafío: que a xente puidese meterse dentro do discurso".

Segundo dixo o comisario da mostra, nunca antes no Estado Español se fixera unha produción expositiva deste tipo. "O único precedente co que contabamos de inmersión en realidade virtual era unha proposta de Alejandro González Iñárritu que se puido ver hai un par de anos no Festival de Cannes".

Libros, vídeos, sons e un repaso polas figuras que o de Rianxo enumerou no seu discurso, de Prisciliano a Rosalía de Castro. completan a experiencia coas lentes de realidade virtual.

Comentarios