viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Detrás do Guernica

Un detalle da exposición sobre a realización da obra por parte de Picasso, así como sobre a viaxe do lenzo ata recalar no Reina Sofía. GONZALO GARCÍA
Un detalle da exposición sobre a realización da obra por parte de Picasso, así como sobre a viaxe do lenzo ata recalar no Reina Sofía. GONZALO GARCÍA
La Caixa trae a Pontevedra a exposición 'Picasso, el viaje del Guernica', que repasa a historia da obra a través de documentos, fotografías, prensa e audiovisuais ▶ A mostra poderá visitarse ata o 13 de decembro

Fotos nas que se pode ver a obra enrolada, tal e como chegou a España dende o Moma de Nova York en 1980, ou a un garda civil armado cun subfusil protexéndoo ao carón dunha bandeira preconstitucional; xornais que recollen distintas novas relativas a Picasso e ao lenzo, como a portada que Diario 16 lle adicou na súa chegada co titular Hoy llega a Madrid el último exiliado; cartas e documentos de arquivos españoles e franceses así como do Museo Reina Sofía, e audiovisuais que permiten ver noticieiros franceses que fan referencia á Guerra Civil ou a serie de imaxes que tomou a fotógrafa Dora Maar da realización da obra en París forman parte da exposición Picasso, el viaje del Guernica, que La Caixa vén de inaugurar en Pontevedra. A mostra, que repasa a historia dunha das obras máis importantes do século XX, poderá visitarse ata o 13 de decembro na Praza de España.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

🖌 A Praza de España de #Pontevedra acolle desde este martes a exposición itinerante #Picasso . A viaxe do #Guernica . 📸 Gonzalo García . #cultura #DiariodePontevedraIG

Una publicación compartida de Diario de Pontevedra (@diariodepontevedra) el

A delegada da Fundación Bancaria La Caixa en Galicia, Susan Santos; a directora da Área de Negocio de Caixabank en Pontevedra, Cristina Vega, e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participaron na apertura ao público da exposición, que ocupa dos tráilers e que se inaugurou cun percorrido guiado pola asesora da mostra Manuela Pedrón.

Estruturada en cinco apartados, Picasso, el viaje del Guernica comeza documentando a toma de conciencia política de Picasso a partir das novas que lle chegan a París do bombardeo de Guernica. "Instalado en Francia, Picasso apenas tenía relación con España ni un compromiso político firme hasta la Guerra Civil", sinalou Pedrón. Nese momento, chégalle o encargo de realización dunha obra para o pavillón de España na Exposición Universal de París de 1937. Picasso pinta o Guernica.

PROPAGANDA. As seguintes seccións da exposición detéñense na análise da obra como reclamo propagandístico internacional; nas súas viaxes ata que remata pasando máis de 40 anos no Moma de Nova York; nas negociacións que se realizan para que poida vir a España e nunha serie de reflexións sobre como acabou convertido nunha icona universal contra a guerra.

A mostra de La Caixa percorre, como se dixo na inauguración, "la mitología de un cuadro que se ha convertido en un símbolo contra los horrores del conflicto bélico y contra el peligro del fascismo".

O alcalde, pola súa banda, destacou o oportuno da mostra "tralos últimos resultados electorais". "Son especialmente importantes as visitas escolares. Os nenos teñen que coñecer a historia".

Detrás do Guernica
Comentarios