O dicionario da RAG recibiu 20,5 millóns de consultas en 2017

O uso do portal incrementou nun 42 % respecto ao ano anterior

 

Unha procura no dicionario da RAG.EP
photo_camera Unha procura no dicionario da RAG.EP

O portal de internet do Dicionario da Real Academia Galega (RAG) rexistrou en 2017 un total de 20,5 millóns de procuras de consultas, informou este luns a organización.

Iso supón un 42% de incremento respecto de 2016, no que tivo 14,4 millóns de consultas, o que se traduce nunha media diaria de máis de 56.000 procuras.

O Dicionario, que ofrece axuda sobre o significado de máis de 56.000 termos, alcanzou o ano pasado os 1.059.472 usuarios únicos, case 192.000 máis que o anterior, cando tivo 867.555.

Esa ferramenta permite tamén resolver dúbidas sobre ortografía, conxugación de verbos e ata unha "utilización personalizada e interactiva", precisa no seu portal de internet. 

Comentarios