Ducias de alumnos de Belas Artes réndenlle unha sentida homenaxe a Manuel Moldes

Homenaxe dos alumnos de Belas Artes a Manuel Moldes. DP
photo_camera Homenaxe dos alumnos de Belas Artes a Manuel Moldes. DP

O pintor pontevedrés Manuel Moldes será soterrado este luns cunha tea pintada polos seus alumnos de Belas Artes. Ducias de estudantes reuníronse no patio da facultade dende as 11.00 para renderlle homenaxe ao seu mestre confeccionando o lenzo. Fixérono nun ambente festivo, con música, e arroupados por varios mestres.

O creador foi enterrado ás 17.00 horas no cemiterio de San Mauro e recibirá unha homenaxe pública ás 19.00 no Teatro Principal.

Comentarios