E agora que? Guía cultural do que está por vir

Cine, música, humor e arte daranlle continuidade á programación de verán en distintas localidades de Pontevedra
Dakidarría actuará no Revenidas. DP
photo_camera Dakidarría actuará no Revenidas. DP

Rematadas as festas de verán en Pontevedra, a capital da provincia (e as localidades do seu arredor) encaran setembro dándolle continuidade a festivais de música e recuperando programacións audiovisuais e expositivas.

No ámbito musical quedan pendentes de celebración o festival Revenidas, en Vilaxoán, entre o 7 e o 10 de setembro. O cartel de catro días está composto por máis de 30 grupos e artistas entre os que están Fillas de Cassandra, Los Chikos del Maíz, Ska-P, Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, Familia Caamagno e The Rapants. Destaca o concerto especial de XX aniversario que ten previsto dar alí Dakidarría.

O outro festival que queda pendente preto de Pontevedra é o Canteira Fest de Paredes, Vilaboa, que terá lugar os días 15 e 16 de setembro. Organizado pola Asemblea de Mocidade de Vilaboa, este ano contará coa presenza de Sés, MJ Pérez, Fillas de Cassandra, Terbutalina e Mondra, entre outros.

No ámbito musical destaca tamén o concerto que ten previsto ofrecer en Pontevedra a cantautora coruñesa Silvia Penide dentro da xira coa que está conmemorando 20 anos enriba dos escenarios. Será o 23 de setembro no Principal.

Un día antes ca ela actuará na capital da provincia o monologuista Luis Piedrahita, que desta vez se encarga do espectáculo que organiza anualmente a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Pontevedra (Afapo). Estará no Auditorio de Afundación.

Audiovisual

Especial relevancia cobra a programación audiovisual este mes. Á parte do ciclo de cine euroárabe Amal en ruta, que se celebra esta semana no Teatro Principal, o cineclub da cidade tamén vén de anunciar que, tras o parón do verán, recupera as súas sesións habituais.

Setembro é ademais o mes no que teñen lugar as proxeccións dun dos festivais de cine máis importantes da provincia, o FIC Bueu, que inclúe, á parte das sesións de curtametraxes, coloquios con cineastas, actividades formativas, propostas para os máis novos e música.

Finalmente, este mes recupérase a actividade expositiva. Entre outras cousas, o Café Moderno prepara a instalación da mostra Picasso protagonista.

Do Pelete ao San Migheleiro

A programación cultural continúa en setembro igual que tamén continúa a programación de festas e verbenas. Entre outras, en setembro teñen lugar as do Pelete, Milagres de Amil, das Dores en Lalín e o San Migheleiro.

Entre o 7 e o 9 de setembro celébrase en O Covelo (A Lama) a Festa do Viño do Pelete, que se abre coa beizón das pipas do viño e se pecha coa La Oca Band e Tania Veiras.

O domingo 10 de setembro ten lugar a romería dos Milagres de Amil, en Moraña, unha das que máis devotos relixiosos congrega na provincia.

América de Vigo, Cinema, o Combo Dominicano, París de Noia e Panorama, ademais dos Satélites e as Broken Peach, entre outros, compoñen o cartel das Festas das Dores de Lalín, que se celebran entre o 22 e o 26 de setembro na capital do Deza. Tamén está prevista unha actuación especial da Banda de Lalín xunto a Serafín Zubiri.

Finalmente, a finais de mes é cando se celebra San Miguel en Marín. O acto institucional do patrón e a Danza de Espadas será o 1 de outubro. A festa popular pola rúa de San Migheleiro celébrase o día anterior (30 de setembro).

Calendario

Setembro, cineclub

undefined

O Cineclub Pontevedra recuperará a súa programación este mes con proxeccións de Kiarostami, Panahi, Mungiu e Pálmason. Luns e martes. Ás 20.30 horas, no Teatro Principal.

4-8 de setembro, Amal en ruta

undefined

Dende o pasado martes e ata o venres 8 de setembro proxectaranse, no Teatro Principal de Pontevedra, películas e documentais do ciclo Amal en ruta. Cada día ás 21.00 horas. Entrada libre.

7-10 de setembro, Revenidas

undefined

Entre o 7 e o 10 de setembro celebrarase en Vilaxoán o festival Revenidas (revenidas.com). O cartel (Fillas de Cassandra, Ska-P, The Rapants...) inclúe o concerto de XX aniversario de Dakidarría.

9-23 de setembro, FIC Bueu

undefined

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FIC Bueu) terá lugar entre o 9 e o 23 de setembro. Pódese consultar a programación na páxina www.ficbueu.com.

15-16 de setembro, Canteira Fest

Terbutalina. EP

Os días 15 e 16 de setembro celebrarase o Canteira Fest en Paredes, Vilaboa. Terbutalina (na foto), Sés, Fillas de Cassandra e Mondra forman parte do cartel. Entradas: www.woutick.es.

22 de setembro, Luis Piedrahita

undefined

O monologuista Luis Piedrahita será o protagonista do espectáculo humorístico que organiza anualmente Afapo para recadar fondos. Actuará en Afundación. Entradas: ataquilla.com.

23 de setembro, Silvia Penide

undefined

A xira do XX aniversario de traxectoria da cantautora coruñesa Silvia Penide pasará por Pontevedra o 23 de setembro. Actuará ás 20.30 horas no Teatro Principal. As entradas están á venda en ataquilla.com.

27 de setembro, Picasso protagonista

undefined

Un dos proxectos expositivos máis destacados da nova temporada en Pontevedra será Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo que se inaugurará o 27 de setembro no Café Moderno. Entrada libre.

Comentarios