El Corte Inglés e Xerais celebran cos nenos o Día das Letras

Mañá, 14 de maio, ás 18:30 horas, o Centro Comercial Compostela, en colaboración coa editorial Xerais, conmemoran  o Día das Letras Galegas, organizando no departamento de Librería (planta baixa) un obradoiro do cómic  “A debuxar con Marcopola”, dirixido a nenos/as de seis a once anos e impartido por Jacobo Fernández Serrano, Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro.

ESGOTADOS OS CONVITES PARA VER A 'MAMÁ CABRA'
Por outra banda, o grupo de música infantil Mamá Cabra dará un pequeno concerto o xoves, 16 de maio, a partir das 18.30 horas no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago (planta baixa). A actividade está dirixida a nenos/as ata os  7 anos. Os convites para asistir están esgotados dende hai semanas.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil no que traballan diferentes músicos: Pablo Dalama Piñeiro (frautas, gaita, saxofón), Paco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica), Diego Maceiras Pedreira (acordeón, acordina), Rodrigo López Muñoz (batería e percusión), Tomi López Serrano (baixo eléctrico e guitarras), Paula Romero Canedo (coro), Sandra Romero Canedo (coro), Montse Rivera Crespo (coro), Merchy Rozas (coro), Miguel Flores (coro), e Gloria Mosquera Roel (voz).

Mamá Cabra ten sete traballos publicados e dous espectáculos en marcha: Ola, ola, la!, e Cantos pequenos. No primeiro cantan as cancións do último traballo e no segundo un remix das cancións que mais gustaron. Os espectáculos son sobre todo participativos e didácticos. Sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de comer froitas e verduras, sempre hai algunha de bailar e sempre hai algunha de cantar. 

Comentarios