Eloy Sánchez Rosillo trae os seus versos a Pontevedra dentro de '6 días, 6 poetas'

O ciclo de poesía da UVigo, que se está celebrando na Casa das Campás, continuará ata o domingo

Eloy Sánchez Rosillo durante a súa intervención na Casa das Campás. OLGA FERNÁNDEZ
photo_camera Eloy Sánchez Rosillo durante a súa intervención na Casa das Campás. OLGA FERNÁNDEZ

O poeta murciano Eloy Sánchez Rosillo, Premio Adonais en 1977 e Premio Nacional de la Crítica en 2005, participou este martes no ciclo 6 días, 6 poetas, unha iniciativa da Universidade de Vigo que enche de poesía, durante unha semana, a Casa das Campás de Pontevedra. Sánchez Rosillo, autor de dez poemarios e tradutor de Giacomo Leopardi, ademais de responsable do ensaio La fuerza del destino, foi o segundo participante nesta proposta, que abríu o luns Ángeles Mora (Premio Nacional de Poesía en 2016) e que está organizada pola Vicerreitoría do Campus Universitario. Presentouno o mestre e presidente do Ateneo, Xaime Toxo.

6 días, 6 poetas, que inclúe en cada caso un pequeno recital e un coloquio co autor, continuará ata o domingo na cidade. Este mércores será a vez de Pedro Sevilla, que estará presentado polo catedrático José Montero. Seguiralle, o xoves, Miguel D"Ors, que introducirá a profesora Fátima Cobas. O venres será a vez de José Cereijo, acompañado pola profesora Carmen Becerra, e o sábado, a de Amalia Bautisa, acompañada polo profesor Jorge L. Bueno.

Todas as charlas dos poetas están abertas ao público (entrada libre e gratuíta ata completar aforo). E todas elas teñen lugar ás 19.30 horas na Casa das Campás, salvo a do sábado, que se celebrará ás 11.00 horas.

Comentarios