As entradas para o concerto de Bunbury en Pontevedra sairán á venda o 18 de maio

O artista incluíu o Recinto Feiral na súa xira de despedida. Actuará na cidade o 12 de agosto
Enrique Bunbury nunha foto promocional.
photo_camera Enrique Bunbury nunha foto promocional.

As entradas para o concerto que Bunbury dará en Pontevedra o 12 de agosto sairán á venda a semana que vén: o mércores 18 de maio ás 12.00 horas. Vén de anuncialo a promotora do concerto, Esmerarte, que tamén desvelou que as localidades se poderán adquirir na plataforma my.weezevent.com

A actuación do artista terá lugar no Recinto Feiral, xusto antes do inicio das Festas da Peregrina, e forma parte da súa xira de despedida dos escenarios despois de 35 anos de carreira, El último tour. Esta de Pontevedra é a única data que o músico ten pechada agora mesmo en Galicia.

Comentarios