viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Arancha Nogueira e Aser Álvarez gañan o premio Johán Carballeira de Bueu

Arancha Nogueira e Aser Álvarez, tras recibir o premio. DP
Arancha Nogueira e Aser Álvarez, tras recibir o premio. DP
Arancha Nogueira foi premiada polo poemario O silencio das gaivotas e Aser Álvarez  pola súa reportaxe Ferrín e a poesía do circo

A escritora Arancha Nogueira e o xornalista e cineasta Aser Álvarez foron os galardoados dos premios Johán Carballeira nas categorías de poesía e xornalismo, respectivamente, que se celebran cada ano no municipio pontevedrés de Bueu.

Este sábado celebrouse a entrega destes premios nos que o concelleiro de Cultura da localidade, Xosé Leal, lembrou que este evento tamén conmemora o Día da Galiza Mártir, xa que Johán Carballeira foi un deses "mártires", segundo explicou o Consistorio nun comunicado. Pola súa banda, Nogueira fixo fincapé na importancia da convocatoria destes premios e desexou que "oxalá algún día escribir en galego non sexa un acto militante".

A escritora ourensá resultou premiada polo seu poemario O silencio das gaivotas, no que aborda a mirada infantil que os menores teñen dos seus modelos adultos e ademais trata sobre "a familia" e as persoas que "axudan a facer camiño". Ao mesmo tempo, Aser Álvarez foi premiado pola súa reportaxe Ferrín e a poesía do circo, unha peza sobre Xosé Luís Méndez Ferrín que trata sobre como o escritor derrubou "as fronteiras entre xéneros", un límite no que "xorden as cousas interesantes da vida", asegurou Álvarez. Ademais, o galardoado tamén lembrou a figura de Alexandre Bóveda, o político galeguista que foi asasinado o comezo da Guerra Civil española.

Arancha Nogueira e Aser Álvarez gañan o premio Johán Carballeira de...
Comentarios