As escritoras galegas brillan nos Follas Novas gañando en 10 das 13 categorías

As pontevedresas Andrea Nunes Brións, Susana Sanches Arins, Afra Torrado e Lorena Conde, entre as autoras premiadas
Foto de familia dos premiados nos premios Follas Novas. EP
photo_camera Foto de familia dos premiados nos premios Follas Novas. EP

Os Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon este sábado a súa novena edición coa tradicional gala que deu a coñecer aos gañadores en cada unha das trece categorías, onde brillaron as autoras galegas impoñéndose nunha decena dos galardóns.

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu a entrega dos premios nun acto que serviu de repaso da intensa e prolífica actividade do mundo do libro en Galicia durante o ano 2023. 

Finalmente, as obras dos autores lucenses Ana Moreiras, Xabier Quiroga e María Reimóndez non se levaron ningún galardón e a provincia lucense foise de baleiro nunha edición que volveu deixar ver o excelente momento creativo da literatura galega.

Desde xeito, o premio á obra de ensaio e investigación foi para o escritor Francisco Xosé Fernández Naval pola obra Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Na categoría de divulgación a obra recoñecida foi O cento voando. Amores, alianzas emonogamias, de Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema.

En canto á narrativa, a distinguida foi Cinco corujas, de Susana Sanches Arins; o premio á mellor obra infantil foi para A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo; e o premio xuvenil foi para Burbullas de calma serena, de Andrea Maceiras

Na categoría de libro ilustrado o gañador foi Maruja Mallo. Enigmaticamente única, de Bea Gregores e María Canosa; mentras que o galardón ao libro de banda deseñada, gráfico e humor recaeu en Fago o que podo, da autora Afra Torrado.

Pola súa banda, a mellor obra traducida foi para Deiche os ollos e miraches as tebras, de Irene Solá coa tradución de María Alonso Seisdedos; mentras que o premio ao mellor libro de poesía recaeu en Retratos de vodas, partos e funerais, de Silvia Penas; o premio ao libro de teatro otorgóuselle a Festas de gardar. Díptico para a resistencia, de Lorena Conde e o galardón ao libro mellor editado concedéuselle a O gran libro dos nosos montes, de Blanca Millán.

Por último, tamén resultou galardoada coa distinción á iniciativa bibliográfica a colección Candemaia de Edicións Laiovento; e o premio á promoción da lectura foi para o espazo Gondomar.

Os premios Follas Novas renderon tamén este sábado homenaxe ao escritor Joseba Sarrionandia, á libraría ourensá Eixo, e ao desaparecido editor Francisco Porrúa.

No nome das tras asociacións impulsoras do premios— a Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG)— falou Cielo Fernández, presidenta da FLG. "Podemos afirmar que un ano máis somos quen de manter a espléndida diversidade do noso ecosistema, tanto editorial coma libreiro, e que a calidade da produción escrita en galego segue a ser moi alta", dixo. No mesmo sentido puxo ao Follas Novas como exemplo da creatividade artística de Galicia. “Os libros e as persoas finalistas nesta gala dan boa conta disto, e sabemos que, ademais das presentes, hai outras ilustradoras ou debuxantes que están a desenvolver un traballo diverso e de calidade”, recalcou.

Comentarios