viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

'A estación violenta' obtén unha mención especial no Festival de Cine de Cali

A actriz Nerea Barros durante a rodaxe de 'A estación violenta' en Pontevedra. GONZALO GARCÍA (ADP)
A actriz Nerea Barros durante a rodaxe de 'A estación violenta' en Pontevedra. GONZALO GARCÍA (ADP)

A película de Anxos Fazáns, producida por Matriuska, puido verse no Festival de Sevilla, no Bafici de Bos Aires e no Cinespaña de Toulouse

O periplo da película A estación violenta por festivais internacionais vén de ser recompensado cun galardón. O filme da pontevedresa Anxos Fazáns, producido por Matriuska e baseado na novela homónima de Manuel Jabois, obtivo esta semana unha mención especial do xurado no Festival Internacional de cine de Cali, en Colombia.

Segundo informa a produtora pontevedresa Matriuska, a película participou na sección oficial da programación, competindo con títulos como Meteors, premiada en Locarno, ou Mudar la piel, un documental de Ana Schulz e Cristóbal Fernández que conta a historia da amizade entre un mediador entre o Goberno e ETA nos 90, Juan Gutiérrez, e o espía do CESID Roberto Flórez.

SOBRESAÍNTE. "O percorrido da película polos festivais é sobresaínte nunha unha ópera prima", explica Matriuska. A estación violenta estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o ano pasado. Posteriormente pasou polo Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (Bafici), polo D'A Film Festival Barcelona e polo de Cinespaña, en Toulouse, entre outros.

Ópera prima da directora Anxos Fazáns, o filme é unha adaptación libre da novela de Jabois, cun guión asinado pola mesma directora, o cineasta Ángel Santos, o produtor Daniel Froiz e o escritor Xacobe Casas.

Rodada en localizacións de Pontevedra, Sanxenxo, San Simón e Santiago de Compostela na primavera de 2017, a película estivo nomeada a oito premios Mestre Mateo da Academia Galega (longametraxe, dirección, dirección de fotografía, guión, actriz, actor, montaxe e son).

'A estación violenta' obtén unha mención especial no Festival de...
Comentarios