'Excursións ao coñecemento' no Ateneo

O ciclo 'Xoves de Cine' proxectará mañá a película 'Camino a la escuela', que conta as historias de catro nenos que afrontan grandes dificultades cada día para chegar aos seus colexios
Unha imaxe do documental que este xoves proxectará o Ateneo Santa Cecilia dentro dun ciclo adicado a temas relacionados coa educación
photo_camera Unha imaxe do documental que este xoves proxectará o Ateneo Santa Cecilia dentro dun ciclo adicado a temas relacionados coa educación

O Ateneo Santa Cecilia de Marín retomará este xoves os ‘'Xoves de cine'’ cun ciclo de películas cuxa temática xirará arredor da educación. A primera proxección, que terá lugar ás 21.00 horas na Biblioteca Pública Vidal Pazos, será o documental ‘Camino a la escuela’, dirixido por Pascal Plisson e con guión do propio Plisson e Marie Claire Javoy.

A película conta a historia real e extraordinaria de tres nenos e unha nena (Samuel na India, Carlitos en Arxentina, Jackson en Kenia e Zahira en Marrocos), heroes cotidianos, que se enfrontan cada día con multitude de dificultades e perigos para chegar ás súas respectivas escolas.

Os pequenos, aínda que viven en lugares moi distantes entre sí, comparten as ganas de aprender e son conscientes de que só a educación lles abrirá as portas dunha vida mellor. Tal como recolle a propia sinopse do documental, este grande optimismo e esperanza nun futuro no que para os pequenos protagonistas todo é posible con coraxe, determinación e esforzo.

Este filme, realizado en colaboración coa ONG Axuda en Acción e co patrocinio da Unesco, gañou en Francia o Premio Cesar 2014 ao mellor documental e tamén foi galardoado no Festival de Locarno, en Suiza.

Pascal Plisson explica que "esta película es, sobre todo, un espectáculo, una película documental de aventuras que muestra el valor y la fe de estos niños en el futuro y en su sociedad", e engade que "aquellos niños con los que rodamos el documental son los primeros de su familia en ir a la escuela, un hecho que para ellos es una gran oportunidad".

VIAXE INTERIOR. Nesta liña, matiza que "su viaje no es solo un verdadero viaje físico, sino también un viaje espiritual, un viaje interior que les permite salir de la etapa de la infancia para convertirse en adultos. Este es el verdadero tema de la película".

A idea se rodar este documental partiu dunha viaxe do seu director a Kenia, onde viu a cinco nenos que levaban unha estraña bolsa no seu cinto. "Cuando les pregunté qué era, uno de ellos se adelantó y con mucho orgullo sacó una flamante pluma, una pizarra y una tiza. Jadeante, me dijo que estaba de camino a la escuela, que hacía dos horas que había dejado el pueblo y corría hacia el colegio bajo el sofocante calor".

Este inesperado encontro foi definitivo, xa que determinou o desexo de Pascal Plisson de facer unha película "de estas excursiones al conocimiento". Neste sentido, o director do documental lembra que "el acceso a la educación en Francia es fácil, es un tema que ya ni se plantea, así que tuvimos que buscar países donde este problema continuara existiendo, niños para los que el hecho de ir a la la escuela siguiera siendo una lucha real".

Nesta tarefa atoparon sesenta relatos, cada un máis conmovedor que o anterior. "Cuatro de estas narraciones se impusieron, por las emociones que despiertan y los desafíos tan diferentes que deben sortear para acceder a la educación: la distancia, la discapacidad o la discriminación", explica o director.

Despois dunha produción de dous anos de duración o seu resultado poderá ser visto este xoves no salón da Bibllioteca da man do Ateneo Santa Cecilia. O scto incluirá un debate posterior entre os asistentes sobre o contido do documental.

A seguinte proxección, o xoves 19, será a película francesa ‘La profesora de Historia’, con guión e dirección de Marie-Castille Mention-Schaar, que trata sobre un problemático grupo de alumnos de instituto aos que lles cambia a vida grazas a un proxecto educativo no que se embarcan a instancias dunha profesora empeñada en motivalos.

Este ciclo adicado ao ensino rematará o 3 de decembro con ‘La clase’, dirixida por Laurent Cantet, que relata a historia dun profesor de lingua francesa nun instituto situado nun barrio marxinal. Conta cun destacado palmarés de premios e nominacións nos principais festivais cinematográficos.