A exposición 'Compostel-arte' reúne a sete artistas de Santiago

O Auditorio de Galicia acolle dende hoxe e ata o 9 de setembro a exposición 'Compostel-arte', unha mostra que reúne a sete artistas nacidos ou residentes en Santiago e que comezaron a amosar o seu traballo na década dos 80.

Raquel Blanco, Xurxo Martiño, Romero Masiá, Morquecho, Soledad Pite, Vicente Prego e Xosé Vivián achegan á exposición as súas obras máis recentes, con visións moi diferentes pero unidos pola evolución entre a abstracción e a figuración.

A historiadora da arte Antía Otero é a comisaria desta mostra, en colaboración con Antón Sobral, con quen traballou tamén nun DVD para difundir a obra destes sete artistas entre o público máis novo.

Comentarios