Que facer na fin da Semana Santa

Un faladoiro literario, unha obra de teatro e distintas propostas dos museos compoñen a axenda cultural
'Riquete del copete', obra de la compañía Higiénico Papel Teatro. LABORAL CIUDAD DE LA CULTURA
photo_camera 'Riquete del copete', obra da compañía Higiénico Papel Teatro. LABORAL CIUDAD DE LA CULTURA

Sen procesións nin actos relixiosos e coa axenda cultural reducida ao mínimo chega a fin da Semana Santa de 2021. Moi poucos actos presenciais compoñen unha programación escasa e marcada, na práctica totalidade dos casos, pola inscrición previa, o acceso limitado e a obrigatoriedade de cumprir coas medidas sanitarias implantadas durante a pandemia: uso de máscara e distancia de seguridade.

Pontevedra é a localidade que máis actividades promove de cara a fin de semana. A Libraría Paz acollerá este domingo un faladoiro literario protagonizado polo escritor e xornalista Manuel Jabois, que está promocionando a súa última novela, Miss Marte. Estará acompañado polo tamén xornalista Adrián Rodríguez. A reserva de entradas completouse hai días.

Na capital da provincia, como vén sendo habitual, boa parte das propostas que parten do Concello de Pontevedra diríxense á cativada. Así, durante toda a semana (e nos días que restan de vacacións, incluído o luns 5 de abril) está funcionando a ludoteca do Mercado de Abastos, O Ganapán. Cada día hai talleres ás 11.00 e ás 12.30 horas. A información completa sobre as diferentes propostas, para as que é imprescindible inscribirse previamente, está na páxina de Facebook de O Ganapán.

As poucas convocatorias presenciais coinciden en solicitar inscrición previa, en ter acceso limitado e en esixir máscara obrigatoria

RIQUETE. Tamén está especialmente deseñada para o público infantil a programación do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal, que encara a súa recta final coa representación, esta semana, de Riquete el del copete, da compañía asturiana Higiénico Papel Teatro.

O Museo de Pontevedra tamén deseñou algunha actividade infantil para estes días (coas prazas xa cubertas), pero o máis destacado é que permanece aberto todos os días. De tal maneira que se poden visitar tanto as Ruínas de San Domingo, como as exposicións permanentes e temporais do Edificio Castelao. Destas últimas agora mesmo hai dúas: unha adicada ao fotógrafo José Suárez e outra a Emilia Pardo Bazán. Polo que se refire á exposicións permanentes, haberá visitas guiadas todos os días ás 11.00 horas, sendo preciso inscribirse previamente no correo educació[email protected] para poder participar.

O apartado expositivo é o que maiores posibilidades ofrece actualmente aos interesados en gozar da cultura estes días. Ademais do Museo de Pontevedra, na cidade permanece aberto o Café Moderno. Fóra dela pódense visitar o Castelo de Soutomaior, que nesta época do ano ten as camelias en pleno proceso de floración, o Museo Massó de Bueu ou o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Este último, como é habitual, desenvolve unha programación especial durante a Semana Santa que inclúe visitas guiadas e obradoiros. Para participar en calquera deles é necesario apuntarse antes (886151195).

Outra posibilidade no ámbito cultural é o cine. As salas reabriron hai semanas e agora mesmo ofrecen unha carteleira cos que serán algúns dos títulos máis importantes do ano. En Cinexpo, no centro comercial Vialia de Pontevedra, poden verse, por exemplo, Nación, a película de Margarita Ledo protagonizada polas mulleres que traballaban en Pontesa e Nomadland, de Chloé Zhao, título gañador do León de Ouro no Festival de Venecia, de dous Globos de Ouro (drama e dirección) e que é finalista en seis candidaturas dos Oscar.

Finalmente, no apartado musical, a Banda Artística de Arcade, a pesar de non Entrevista a Jabois. Diariohaber Festa da Ostra este ano, decidiu saír tocar á rúa igual. Farao o domingo 4 de abril, ás 11.00 horas, cando realice un percorrido entre o Calvario e o peirao da súa localidade.

Literatura: Manuel Jabois


A Libraría Paz de Pontevedra celebra este sábado 3 de abril un Vermú entre libros arredor de Miss Marte, a última novela do escritor e xornalista Manuel Jabois, que estará, ás 12.30 horas, falando co tamén xornalista Adrián Rodríguez. Para asistir era necesario inscribirse. O aforo xa está completo.

Teatro: Domingos do Principalunnamed


Dentro do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal, o 4 de abril poderase ver no Principal a obra Riquete el del Copete, de Higiénico Papel Teatro. Haberá dúas funcións: ás 12.00 e ás 18.30 horas. Acceso limitado. As entradas para todas as obras do ciclo están á venda en ataquilla.com.

Captura