Feijóo: ''El regionalismo nos hace más equilibrados y más justos''

Feijoo (i) y Rojo (de espaldas) charlan con varios participantes antes del acto (AGN/Pepe Ferrín)
photo_camera Feijoo (i) y Rojo (de espaldas) charlan con varios participantes antes del acto (AGN/Pepe Ferrín)

''A CALRE representa a Europa do futuro, a Europa chamada a manter a súa condición de referente político e das liberdades no mundo, a Europa pola que paga a pena traballar arreo”. Con estas palabras daba por inaugurada hoxe a presidenta da Cámara galega do Hórrreo, Pilar Rojo, a convención de presidentes dos parlamentos rexionais europeos que esta semana se dan cita en compostela.

Rojo Noguera, presidenta da da Conferencia de Asembleas Rexionais Europas (CALRE), contrapuxo estes ideais coas “ameazas poderosas que se aproveitan da desafección cara os organismos comunitarios e se presentan baixo formas extremas, personalistas, egoístas e populistas, que incluso chegan a amosar desprezo polas regras de xogo que todos asumimos en democracia”.

Fronte ao ánimo negativo que habita na sociedade, Rojo resaltou que “tamén hai confianza”. “Porque –dixo- onde aniña a desilusión cohabita e resiste o profundo sentimento que arraigou hai moitos anos en Europa e que no medio de tantas dúbidas fai que sigamos adiante”.

Apuntou que desde a CALRE “avanzouse moito”, tanto en materia de relacións coas institucións comunitarias, como no feito de ter convertido aos parlamentos rexionais en “parte fundamental na aplicación do principio de subsidiariedade que garante o mellor desenvolvemento das políticas europeas no ámbito máis próximo ao cidadán”.

Ao primeiro acto da XVIII Asemblea Xeral da CALRE tamén acudiron o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; o presidente do Comité das Rexións, Michel Lebrun; e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

FEIJÓO, O BROCHE

De feito, o presidente foi o encargado de pór o broche á esta sesión inaugural deste venres. Quixo destacar na súa intervención a pluralidade europea, que descubriu que a forza da palabra podía ser superior á da espada ''e o cambio de mentalidade que iso supuxo foi extraordinario'', apuntou.

Na mesma liña, o líder autonómico recordou que ''non é a homoxeneidade senón a diversidade harmónica a que fai fortes os proxectos políticos'', ao tempo que agregou que ''os nosos Estados, as nosas provincias, comunidades, rexións... Non debilitan nin os Estados nin a Unión, senón que os aproximan á cidadanía''.

''Entre todos os europeos creamos unha cultura na que o cidadán non está obrigado a elexir entre entidades antagónicas, na nova Europa -reiterou- non é preciso optar entre ser esto ou o otro, pódese ser esto ou o outro". ''O rexionalismo fainos máis equilibrados, máis xustos e más próximos", remachou.

Comentarios