O Festival de Bos Aires acollerá a première internacional de ‘A estación violenta’

O filme, inspirado na novela homónima de Jabois, tamén estará no  Festival de Cinema D’Autor de Barcelona

A première internacional do debut da cineasta pontevedresa Anxos Fazáns, A estación violenta, producida por Matriuska e baseada na novela homónima de Manuel Jabois, terá lugar o vindeiro 16 de abril na sección Óperas primas da XX edición do Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (Bafici). Ademais, o filme tamén competirá na sección Talents do Festival de Cinema D’Autor de Barcelona.

A estación violenta, protagonizada por Alberto Rolán, Nerea Barros (ganadora del Premio Goya a la Mejor Actriz Revelación por La isla mínima) e Xose Barato, entre outros, xa se puido ver con anterioridade en distintas seccións do Festival de Cine de Sevilla e en Cineuropa.

Comentarios